HomeMovementos sociaisMonforte lembra o 'Día Mundial da Sida' iluminando de vermello a Torre...

Monforte lembra o ‘Día Mundial da Sida’ iluminando de vermello a Torre da Homenaxe

Será este domingo 1 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como adoita facerse con outras causas sociais e humanitarias, o Concello de Monforte emprega a grandeza e simboloxía da súa Torre da Homenaxe para visibilizar o seu apoio. Neste caso trátase de conmemorar o Día Mundial da Sida e farao este domingo iluminándoa de cor vermello.

Cada Día Mundial da Sida versa sobre un tema diferente. Este ano o lema é Sigamos o camiño dos Dereitos, a través do que se reivindica que cos dereitos humanos no centro e as comunidades á vangarda, o mundo pode acabar coa SIDA como ameaza para a saúde pública para 2030.

Os avances substanciais que se fixeron na resposta ao VIH están directamente relacionados cos avances na protección dos dereitos humanos. Neste senso, a OMS fai un chamamento aos líderes e cidadáns de todo o mundo para defender o dereito á saúde corrixindo as desigualdades que dificultan o avance cara a fin da SIDA.

1 DE DECEMBRO, ‘DÍA MUNDIAL DA SIDA’

O Día Mundial da Sida foi o primeiro día dedicado á saúde en todo o mundo establecéndose no 1988. Desde entón as axencias das Nacións Unidas, os Gobernos e a sociedade civil reúnense cada ano para loitar en determinadas áreas relacionadas co VIH.

“O Día Mundial da Sida segue sendo tan importante hoxe como cando empezou, e continúa lembrando á sociedade e aos Gobernos que o VIH non desapareceu”, sinala o Alcalde monfortino. En 2024 calcúlase que hai no mundo 39,9 millóns de persoas con VIH, e que 1,3 millóns foron infectados. Calcúlase tamén cunhas 630.000 persoas morrerán por causas relacionadas co VIH en 2024.

A día de hoxe é fundamental aumentar o financiamento para a resposta á Sida. Tamén é esencial que a sociedade no seu conxunto tome conciencia de como o VIH afecta a vida das persoas e así poder poñer fin ao estigma e a discriminación, acadando mellorar a calidade de vida das persoas que viven co VIH.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...