HomeDeportesMonforte volverá a ser fin de etapa de La Vuelta Ciclista a...

Monforte volverá a ser fin de etapa de La Vuelta Ciclista a España en 2025

A presentación oficial de “La Vuelta a España” terá lugar o próximo día 19 de decembro en Madrid, evento no que se darán a coñecer os detalles de todas as etapas e acto ao que acudirá o alcalde tal e como confirmou na rolda de prensa ofrecida ós medios de comunicación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, adiantou que o percorrido será similar ó do ano 2021, que xa foi revisado persoalmente polos técnicos encabezados por Fernando Escartín e que será “unha etapa longa e dura das que no ciclismo se denominan como rompe pernas polas continuas subidas e baixadas que sen dúbida van poñer a proba as forzas dos corredores cando xa levarán percorridas as tres cuartas partes da carreira”.

O rexedor tamén explicou que o acordo para que Monforte sexa por segunda vez fin dunha etapa de “La Vuelta a España”, alcanzouse entre o Director General de La Vuelta, D. Javier Guillén e o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, despois de varias reunións para acordar os termos deste evento, desvelando ademais, que neste mesmo mes, se producirá unha visita de cortesía do Sr. Guillén a Monforte de Lemos.

O alcalde resaltou a promoción tan importante que fai de Monforte “La Vuelta a España”, coas retransmisións en directo das finais de etapa que “sen dúbida, son unha proxección para o turismo, dando a coñecer os nosos monumentos e as nosas paisaxes, e que son vistos por moitos millóns de persoas”.

Tal e como explicou o rexedor monfortino, “é un feito histórico conseguir que en só 4 anos haxa dúas finais de etapa de La Vuelta a España en Monforte”, no ano 2021 e agora no 2025. Pero tal e como explicou Tomé, “se miramos dende que eu son Alcalde, levamos 4 relacións coa Volta dado que en 2016 fomos saída de etapa, en 2020 pasou por Monforte a etapa que rematou en Luintra  e as dúas saídas de etapa das que falaba antes”.

Tomé subliñou que un evento deportivo como é “La Vuelta a España”, sempre é unha oportunidade de negocio e de retorno económico, para o sector do turismo, do comercio e da hostaleira, que lles vai servir para pechar o verán dun xeito moi positivo.

José Tomé quixo rematar a rolda de prensa convidando a todos os monfortinos e monfortinas para que o día que chegue “La Vuelta” “saian á rúa e animen esa carreira multicolor que sempre é un espectáculo e quen non é fácil tela tantas veces na mesma cidade en tan pouco tempo, e Monforte- tal e como afirmou Tomé- saberá estar á altura, como fai sempre.

ÚLTIMAS

Rematada a 2ª fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte

Na rúa Concepción Arenal, os traballos consistiron no deseño e execución dunha rede separativa, nesta...

O Club de Baloncesto Sarria presenta aos seus equipos

O club conta actualmente con 15 equipos federados, oito masculinos e sete femininos, que...

O PP denuncia o “abandono” das estradas provinciais de Ribas de Sil

Segundo denuncian os populares, a LU-P-5303, está totalmente agretada e ten zonas moi rotas...

O Colexio Escolapios de Monforte estará na fase nacional da VI Ciberliga

O equipo formado por Pau López, Xavier Velázquez, Sergio Méndez, Adrián Rodríguez e Mauro...