HomesociedadeA Deputación contarán con 127.000€ para desenvolver o proxecto Turembalses

A Deputación contarán con 127.000€ para desenvolver o proxecto Turembalses

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este mércores en Madrid na presentación do proxecto colectivo que aproveitará os encoros como un recurso turístico grazas aos 700.000€ que conseguiu captar de fondos europeos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A sede da FEMP acolleu o acto que serviu para explicar aos medios de comunicación a iniciativa que consiste na creación dunha experiencia turística en torno aos encoros e a súa implantación nos territorios participantes.

A institución provincial contará con 127.500€ para desenvolver este proxecto que, entre outras cuestións, dotará ao turismo rural un elemento de diversificación e atractivo; dunha análise da oferta e da demanda innovadora en España; unha alternativa ao turismo azul diferente á costa; un observatorio turístico dixital; unha arquitectura de marca; ou unha plataforma web para aglutinar a oferta do territorio.

García Porto argumentou que no que ten que ver coa experiencia turística en augas de interior, a Deputación realizou un importante investimento en embarcadoiros e catamaráns para ofrecer un servizo turístico nos encoros da Ribeira Sacra. Unhas rutas fluviais que, segundo lembrou a Deputada, “superaron todas as expectativas en 2024 con preto de 61.500 viaxeiros”.

Dous dos obxectivos principais deste proxecto é o desenvolvemento sostible do rural, sobre todo nos territorios con baixa densidade de poboación e tamén o fomento da igualdade social en estas zonas rurais, facéndoas máis atractivas, xustas e sustentables. “Algo que concorda e encaixa perfectamente co noso modelo de turismo, porque na provincia de Lugo levamos anos apostando por impulsar unha oferta de calidade, sostible, e diferenciada, baseada nas experiencias”, valorou a Deputada.

ÚLTIMAS

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...

“Cuando el Camio Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...