HomePolíticaIGV pide "solucións e non parches na crise da Ribeira Sacra"

IGV pide “solucións e non parches na crise da Ribeira Sacra”

Segundo IGV as "axudas á paisaxe da Xunta son un globo que naceu pinchado e en vez de seren un contributo a un territorio que se pretende facer patrimonio da Humanidade non pasan de morfina para dar a estacada final á maioría de viticultores".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O movemento cidadán Interior Galego Vivo asegura que foron os primeiros en advertir da crise da Ribeira Sacra levando iniciativas aos plenos de Chantada, Monforte de Lemos e Sober. Ademais de participar das mobilizaciós convocadas polos principais sindicatos do sector (SLG e UUAA).

IGV asegura que só ve parches e non solucións, “Valoramos con incredulidade que o Consello Regulador comunicase que consulta ós viticultores sobre a poda en ver cando aínda non explicou por que non a pediu na pasada campaña. Novamente, o que se ve é que desde a Xunta actúase improvisando e sen calquera folla de rota para o sector”. Consideran que cunha superficie media de 0.4ha por viticultor moi poucos van poder chegar a 3000 euros entre as dúas axudas, “en canto os que si que teñen grandes superficies van ver favorecido o acaparamento de terras. Evidentemente, para boa parte dos viticultores non van chegar nen migallas ao non poderen incluír a superficie de autoconsumo”.

Con todo, IGV considera que con estas axudas “só se contribuirá a eliminar a pequena produción multiplicando o abandono; as pequenas adegas vanse ver prexudicadas tamén por volume e intensidade das axudas, reforzándose os grandes grupos da DO e a medio prazo empobrecendo unha área vitícola onde a variedade era identidade e valor”. Califican de ilegal que neste proceso se exclúa a viticultores e adegas que producen fóra da DO, mais manteñen igualmente a paisaxe ao traballaren as parcelas no seu ámbito.

“A Xunta e o Consello Regulador deberían ser igualmente francos e aclarar porque seguimos sen estudo de custes transparente e rigoroso na DO. Saber con obxectividade o que vale producir un quilo de uva debería ser o ponto de partida de calquera diagnose realista”, sinalan. A Interprofesional do Viño estimou no seu día (2023) que en Ribeira Sacra están os custes máis elevandos do Estado cun mínimo de 1.20€ por quilo de uva fronte a media estatal de 0.48 euros, “a baixada de rendementos (de 9.500 a 7.500 kg/ha para as variedades tintas) vai ser para os pequenos produtores un problema”.

“Non hai soluciós á vista e só moita propaganda, en 2005 había 2906 persoas viticultoras e no 2022 xa só 2.217 (case 700 menos). Tamén 102 adegas que manteñen 205 empregos directos e outros 421 asociados ao traballo na viña. E calculamos que non pasarán duns centos se a crise persiste durante anos, como todo indica que ocorrerá”, conclúen desde IGV.

ÚLTIMAS

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...

A Rede Municipalista Solidaria reúnese na Pobra do Brollón

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou esta semana na xuntanza da...

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...