HomesociedadeO Xeoparque Montañas do Courel preséntase en Fitur como referente dun modelo...

O Xeoparque Montañas do Courel preséntase en Fitur como referente dun modelo turístico sostible

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou este venres en Fitur na presentación da proposta Xeoparque Montañas do Courel: La fuerza de la Tierra, organizada polo órgano xestor deste espazo no expositor da Rede Española de Xeoparques Mundiais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Javier Arias destacou as posibilidades da zona “como referente dun modelo turístico sostible que sorprende aos visitantes en calquera época do ano”. Afirmou que “a riqueza xeolóxica e o altísimo valor natural que alberga” serven como elemento diferenciador da súa oferta turística, polo que se trata dun escenario idóneo para potenciar o turismo de natureza.

O delegado tamén resaltou que o Xeoparque Montañas do Courel “é un exemplo vivo da aposta pola educación ambiental”, promovendo actividades didácticas “para que as novas xeracións coñezan esta contorna e tomen conciencia da necesidade de protexela e conservala”.

Así mesmo, afirmou que a Xunta seguirá mantendo unha estreita colaboración co órgano xestor do Xeoparque para impulsar proxectos que contribúan a poñer en valor este enclave.

ÚLTIMAS

“Rumiando”, un libro de Josebe Blanco para reflexionar sobre o xeito de estar no mundo para intentar melloralo

Josebe Blanco Álvarez cóntanos que naceu en Salceda de Caselas e ao pouco tempo...

‘Aula Ricardo Rodicio’ na Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón

Unha das aulas da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón leva dende...

Teatro, cine e citas tradicionais no Outono Cultural de Pantón

O Concello de Pantón a través da Concellaría de Cultura programa unha ampla e...

Formación en Chantada na técnica tradicional de cestería, Bouyricou

Durante a súa visita, Alén destacou a importancia destas accións para a transmisión do...