HomeTerra de LemosA Pobra do Brollón1º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

1º Concurso de Carteis da Feira do Viño de Vilachá

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para escoller un cartaz que anuncie a edición XXXII da Feira, celebración que terá lugar a primeira fin de semana de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón únese a outros concellos da contorna convocando un concurso de carteis para seleccionar o cartel oficial que anuncie a edición XXXII da Feira do Viño de Vilachá, evento que terá lugar a primeira fin de semana de maio.

Esta convocatoria busca estimular a creatividade das persoas participantes, sendo un reclamo máis para crear expectativas e dar a coñecer un dos eventos máis senlleiros do concello. O cartel, segundo refiren fontes do concello, “é unha peza moi visible en todas as accións de comunicación da Feira do Viño, ademais de empregarse para as etiquetas das botellas de viño que se vendan no evento”.

SOBRE AS BASES

Como se adoita facer neste tipo de concursos, unha das premisas básicas é que se valorará que os deseños reflictan o espírito da Feira do Viño de Vilachá, que se celebra no icónico conxunto de adegas medievais da Abelaira. “A feira caracterízase pola participación de adegas e colleiteiros con viñas na ribeira de Vilachá, e coa gran presenza musical grazas á animación ao longo da fin de semana de grupos de cantos de taberna“, remarcan dende o concello.

A obra presentada a concurso ten que ser unha creación propia, orixinal e inédita, non podendo estar premiada antes en ningún concurso. Amais non poderá ser ofensiva nin aludir a ningunha marca comercial. O prazo para presentar os deseños remata ás 14:00 horas do día 3 de marzo, debéndose entregar tanto impreso como en formato dixital na Casa do Concello.

Establécese un único premio de 200 euros e os participantes someteranse á decisión do curado, formado este por persoas cualificadas, e podendo tamén declarar deserto o premio. O xurado emitirá o seu fallo o día 10 de marzo.

As bases do concurso completas están publicadas na páxina web do Concello da Pobra do Brollón.

Cartel do 2024

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...