HomeCulturaDía grande do Entroido en Sober: desfile de comparsas e XVII Baile...

Día grande do Entroido en Sober: desfile de comparsas e XVII Baile da Cachucha

O Concello de Sober celebra o desfile de comparsas o día 1 de marzo repartindo case 2.000 euros en premios nas diferentes categorías deste concurso e do de disfraces que ten lugar no Baile de Cachucha.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O entroido comezará en Sober coa celebración do Xoves de Compadres, o 20 de febreiro, e o Xoves de Comadres, o 27 de febreiro. Nos últimos anos foron moitos os lugares e aldeas que se sumaron a esta tradición, ademais do propio Concello de Sober, que cada ano expón os seus compadres e comadres diante da Casa Consistorial.

O sábado, día 1 de marzo, será o día grande do entroido soberino coa celebración da XVII Baile da Cachucha. A programación contempla un desfile de comparsas con saída ás 17:00 horas. Ás 18:00 horas haberá xogos, inchables, música e merenda para todos e todas no pavillón municipal. A continuación, ás 19:30 horas, terá lugar un concurso de disfraces infantil, e ás 20:00 horas degustación de cachucha e viño de Amandi para rematar a gran xornada de festa.

Racións de cachucha. Foto: Concelllo de Sober.
DESFILE DE COMPARSAS E CONCURSO DE DISFRACES

A celebración contará con premios para os adultos e para os nenos e nenas. As comparsas recibirán 60 euros só por participar e 30 os grupos. O Concello de Sober repartirá case 2.000 euros en premios nas diferentes categorías:

Premios por comparsas: 400 € para a 1ª, 250 € para a 2ª, 150 € para a 3ª e 100 € para a 4ª clasificada.

Premios por grupos: 1º dotado con 120 €, 2º con 100 e o 3º con 90 €

Individual e por parellas: Dotados con 80, 60 e 50 € para o 1º, 2º e 3º premios respectivamente.

No que respecta aos premios para o Concurso de Disfraces Infantil no Baile da Cachucha hai 2 categorías de premios. Por grupos levarán premio de 80, 60 e 50 € o 1º, 2º e 3º clasificados respectivamente; e individuais e por parellas premios de 60, 40 e 30 para o 1º, 2º e 3º clasificados.

Cartel Baile da Cachucha 2025

ÚLTIMAS

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...

Francisco Narla presenta este 9 de outubro na librería Agrasar de Monforte a última entrega da saga “Compostela”

O escritor e comandante de liña aérea, Francisco Narla presenta en Monforte, Santiago, a...

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...