HomeMedio ambiente e PatrimonioAxenda da asociación cultural Colado do Vento para as vindeiras semanas

Axenda da asociación cultural Colado do Vento para as vindeiras semanas

Caracterizada pola súa defensa do patrimonio de Sober, esta entidade organiza interesantes actividades ao longo do ano. Para a segunda quincena de febreiro ten programada unha visita para coñecer o proxecto 'Guardabosques' en Donelle, e unha ruta xeolóxica por Souto Chao, Anllo e Nogueira.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -


A asociación cultural de Sober, O Colado do Vento, deu a coñecer xa as súas primeiras actividades deste 2025. Para este domingo 16 de febreiro relizarán unha visita a Donelle para coñecer o proxecto Guardabosques, da Cooperativa Ecooo. Trátase dunha iniciativa de preservación ambiental, formación e transformación que impulsa esta cooperativa e enxeñería madrileña. Xornal de Lemos entrevistou o pasado ano ao seu promotor, José Vicente, un galego-madrileño que se estableceu en Amandi no 2023.

A visita será ás 11:30 h en Donelle aínda que quen o desexe pode quedar xa ás 11 h en Sober, na praza, para ir dende alí. Non cómpre apuntarse e a viaxe farase en coches particulares.

RUTA XEOLÓXICA

Para a seguinte fin de semana, o domingo 23 de febreiro, a entidade ten programada unha interesante actividade xeolóxica que conta con dúas partes.

Pola mañá haberá unha charla teórica a cargo do xeólogo Eduardo González Clavijo na Casa da Cultura de Sober de 12 a 13:30 h. e pola tarde, con saída de Sober ás 15:30 h, realizarase un roteiro guiado para coñecer rochas e paisaxes de Souto Chao (Doade), Anllo e Nogueira (Anllo Santo Estevo). A viaxe farase en coches particulares.

Dende a entidade din que non é preciso anotarse e que se organizará un xantar ao que se pode anotar a xente. Para xantar cos socios e socias do Colado do Vento e co xeólogo, pódese reservar no bar Ribeira Sacra de Sober ata que se cubran prazas. Ofrécese para a ocasión, e polo prezo de 22 euros, entrantes e un prato principal a escoller (carne ou peixe), viño da casa ou refresco, e postre.

De cara a marzo, concretamente o día 23, a entidade ten previsto facer unha viaxe a Meira pero informará máis adiante dos detalles.

ÚLTIMAS

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...