HomeMedio ambiente e PatrimonioCoureleando organiza unha ruta para coñecer as minas de antimonio de Vilarbacú

Coureleando organiza unha ruta para coñecer as minas de antimonio de Vilarbacú

Será este sábado 22 de febreiro e ascenderase ata os 1.500 metros podendo incluso albiscar dende o alto as montañas de Trevinca e as Médulas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Ruta das Minas de Vilarbacú”, así presenta Coureleando unha ruta que organiza para este sábado 22 de febreiro e que terá como guía ao Técnico deportivo e de Media Montaña, Guillermo Díaz Aira.

O punto de quedada será no Mesón Ferreiriño de Quiroga ás 9:30 h. e como material obrigatorio recoméndase o seguinte: botas de monte ou calzado de trail, bastóns, mochila pequena con algo de auga e de comer. Tamén roupa deportiva cómoda por capas. Para apuntarse facelo no teléfono 626 643 021 e o custe será de 15 € por persoa (pequenos/as de 10 a 15 anos que vaian cos pais, de balde).

A RUTA

Partirase da vella explotación da Mina de Vilarbacú e ascenderase ata a altura de 1.500 metros pasando preto das bocaminas e das ruínas dos edificios. No alto albiscarase o territorio do Xeoparque e montañas como Trevinca, Aquilianos, Ancares e, se o día o permite, incluso as Médulas. Chegando ao cordal principal, opcionalmente poderase subir ata o Pía Paxaro ou descender a través dunha paisaxe glaciar ata o comezo da ruta.

A ruta é circular, duns 9 quilómetros e de dificultade moderada camiñando por pistas e sendeiros amplos. O tempo máximo que se estima, con paradas, é de 5 horas.

Minas de Vilarbacú. Foto: Guillermo Díaz.
AS MINAS DE VILARBACÚ

Estas minas foron de antimonio, sendo explotadas entre finais do século XIX (1896) e mediados do século XX (1958). O seu auxe produtivo foi durante as 2 guerras mundiais. Chegou a ter ata 86 traballadores e producir máis de 250 toneladas de material on picos de 400 na primeira Guerra Mundial. Tempo despois convertiuse nun campo de traballos forzados onde os presos abriron estradas e plantaron piñeiros ata o seu peche definitivo. Actualmente, toda a explotación está en ruínas.

ÚLTIMAS

“Hai xente que en dous anos xa veu catro veces”, Cristina Rodríguez de Solpor Camperpark

Cristina Rodríguez é unha emprendedora que puxo a funcionar en 2022 Solpor Camperpark na...

Aberto o prazo para inscribirse na XV Carreira Popular de Monforte que se celebra o 27 de abril

O concello de Monforte vén de abrir o prazo para inscribirse na “XV Carreira...

A CIG Saúde pide que se contraten dermatólogos para o Hospital de Monforte

Lembran desde o sindicato que "a perda da área sanitaria vendéronola de tal xeito...

O ’75 aniversario de Castelao’, motivo premiado nunha das categorías de premios do Xoves de Compadres de Monforte

Este xoves 20 de febreiro celebrouse na Praza de España de Monforte o Xoves...