HomeDeportes"Os 3000 do Courel, a ruta máis salvaxe de Galicia", Guillermo Díaz

“Os 3000 do Courel, a ruta máis salvaxe de Galicia”, Guillermo Díaz

Coureleando vén de anunciar unha nova edición deste roteiro, un desafío só apto para deportistas habituados a grandes distancias e desniveis. Está aberta a inscricións e programada para o 21 de xuño.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Chega unha oportunidade de poñerse a proba para aqueles e aquelas camiñantes e deportistas afeitos e preparados a roteiros de grandes distancias e altos desniveis. Trátase da coñecida como “Os 3000 do Courel”.

RUTA DEPORTIVA 

A ruta, organizada por Coureleando e programada para o 21 de xuño, considérase de dificultade moi alta. Saíndo da Aula da Natureza de Moreda sube o quilómetro de Formigueiros, o medio quilómetro de Polín, o quilómetro de Penaboa/Piapáxaro e remata no Pontón co bucle do medio quilómetro de Coto. O punto de encontro inicial para desprazarse ata a Aula da Natureza é a Praza do Concello de Folgoso do Courel ás 7:00 h.

O percorrido é de 30 quilómetros, tendo en conta que hai 3000 metros de ascenso e 3000 de descenso (un total de 6000 acumulados). O tempo estimado para poder completalo é de 15 horas con paradas. Dificultade moi alta, insisten dende a organización, tendo claro que esta proposta deportiva está pensada “só para camiñantes habituados a grandes desniveis e distancias”. No que respecta ao terreo, este será mixto, con sendeiros, pistas, aristas e tramos técnicos. Os puntos de retirada serán: Moreda, Ferreirós de Arriba.

Material obrigatorio: zapatillas de trail en bo estado, mochila con comida lixeira, crema para o sol, gorra, frontal con pilas, auga (haberá puntos de recarga na ruta), roupa adaptada á climatoloxía dese día e sales minerais. Non obrigatorio, pero moi recomendable, levar bastóns.

“Se buscas un reto persoal, queres poñerte a proba ou estás adestrando para unha ruta noutras montañas, aquí está a ruta máis salvaxe de Galicia. Só un 50% dos que viñeron remataron, atréveste?”, di Guillemo Díaz de Coureleando.

PREZO, INSCRICIÓNS E GUÍA

O prezo para poder participar é de 20 € e o teléfono de contacto para as inscricións: 626 643 021. Como responsable da ruta estará o Guía e Técnico Deportivo de Media montaña, Guillermo Díaz.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...