HomesociedadeNetworking para o sector turístico este 27 de marzo na adega Vía...

Networking para o sector turístico este 27 de marzo na adega Vía Romana

O próximo 27 de marzo, de 17:00 a 19:00 horas, Acción contra a Fame celebrará nas instalacións de Vía Romana o primeiro dunha serie de encontros-networking dirixidos ao sector turístico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo desta iniciativa é favorecer o contacto entre empresas e proxectos vinculados ao turismo, fomentando o seu mutuo coñecemento e colaboración.

Tras estes encontros, as persoas participantes terán a oportunidade de asistir a talleres formativos especializados, nos que se traballará na creación de experiencias turísticas conxuntas. Esta proposta busca fortalecer a oferta do sector e xerar sinerxias que contribúan ao desenvolvemento turístico sostible.

A actividade enmárcase dentro do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento rural sostible, financiado polo FSE+ e a Fundación MAPFRE. As prazas son limitadas, polo que é imprescindible realizar a inscrición a través da seguinte ligazón: https://bit.ly/xuntanzaturismo Para máis información, as persoas interesadas poden contactar con Ana Randolfe no teléfono 648 16 68 48.

ÚLTIMAS

“#Influencers” no Edificio Multiusos de Monforte este xoves, 29 de outubro

Continúa a programación teatral de outono no Concello de Monforte. Este xoves, 29 de...

A CIG Saúde denuncia a amortización dunha praza no servizo de Dixestivo do Hospital de Monforte

A sección sindical de CIG-Saúde no Hospital de Monforte denuncia a amortización dunha praza...

Paso peonil provisional nas obras de supresión dos pasos a nivel de Juan Montes e Padre Feijoo

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu conta das xestións realizadas ante a...

O Goberno inclúe a Quiroga nunha declaración de ‘zonas catastróficas’

O Consello de Ministros aprobou o martes 27 de outubro declarar a 45 territorios,...