HomePolíticaO PP lucense esixirá no Senado que se “desbloquee o acceso” ao...

O PP lucense esixirá no Senado que se “desbloquee o acceso” ao Porto Seco de Monforte

Os populares lembran que “a Xunta é a administración máis comprometida co proxecto” á vista de que “leva investido 20M€ e cada ano reserva nos orzamentos autonómicos unha partida para a execución do acceso que o Goberno de España mantén bloqueado”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- interesáronse na Cámara Alta, a petición do PP de Monforte de Lemos, polas xestións dependentes do Goberno de España en relación ao Porto de Seco, un dos proxectos estratéxicos no ámbito do impulso das infraestruturas loxísticas.

Coa resposta oficial a preguntas dos populares no Senado, “o Goberno de Sánchez recoñece que ten bloqueada a construción da vía de acceso dende a plataforma loxística coa estrada N-120”.

Un dos principais obstáculos para a posta en marcha desta área de máis de 146.000 metros cadrados de solo industrial e con capacidade intermodal para combinar transportes de mercadorías en automóbil, vehículos pesados e transporte ferroviario “é a esixencia de ADIF, o administración das infraestruturas ferroviarias, para que sexa a Xunta de Galicia a que asuma a supresión dun paso a nivel sobre a vía”, apuntan os populares.

Os senadores advirten que o acceso se atopa “bloqueado dende fai 6 anos” e “o Goberno de Sánchez non ofrece ningunha solución”. É por iso polo que os representantes do Partido Popular esixirán ao Goberno de España, a través dunha iniciativa no Senado, o desbloqueo desta situación.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...