HomePolíticaUnanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

A moción que presentou Por Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente na comarca foi aprobada no último pleno por unanimidade, co voto a favor de todos os grupos políticos, tras aprobarse unha emenda do Partido Popular en canto a esixir a cobertura das prazas necesarias en termos xerais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas en instar á Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia a cumprir coas demandas da Valedora do Pobo a instancias da Plataforma veciñal Chantada Quere Sanidade (solucionar os problemas de cobertura de prazas, dotar de mecanismos de información ás persoas doentes das opcións ante as dificultades de acceso á atención sanitaria por mor da falta de persoal); a dotar ao PAC dunha segunda equipa; a impulsar a hospitalización no fogar (HADO) en Chantada, sendo con Quiroga as últimas comarcas da provincia sen iste servizo.

Solicitarase tamén o vado do aparcadoiro e o arranxo da porta do aparcadoiro do centro de saúde; o cese da política de desmantelamento e feche de servizos do hospital comarcal de Monforte, dotándoo do persoal necesario en cada categoría e contratando as/os especialistas necesarios; a publicación das listaxes de espera ocultas – non estruturais – acometendo un plano de redución das listaxes de agarda e tempos de demora; e a desenvolver os instrumentos de participación social na sanidade, pondo en marcha o Consello de Saúde da Galiza e os Consellos de Saúde de Área Sanitaria.

Se ben as prazas de especialidades concretas a cubrir que refería de xeito específico a moción inicial eran as demandadas por persoal sanitario e sindicatos, estima Fente que a súa concreción “era unha cuestión menos importante que conseguir o apoio de toda a corporación e o conseguinte reforzo destas demandas ante a Xunta de Galicia. A emenda do Partido Popular era asumíbel e non mudaba o groso da moción, polo que non dubidamos en aceptala se con iso saía adiante”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...