No acto de presentación a compañará ao escritor a editora, Rocío Rodríguez, responsable de Peruchela Edicións, selo editorial que publica esta obra.
A triloxía está composta polos títulos Resurrección Haush, Navegando por Anián e Landaseiva, tres novelas escritas en castelán que combinan narrativa de viaxes, memoria histórica, poesía e reflexión social. A través de personaxes complexos e escenarios que abranguen dende a Terra do Fogo ata San Francisco ou a Europa do Telón de Aceiro, Río Océano propón unha viaxe intensa e fonda polas marxes do mundo e da conciencia.
Resurrección Haush introduce ao lector nun relato íntimo e fragmentado, onde un xitano irlandés desamparado comeza a narrar as súas vivencias no extremo sur do continente americano, abrindo a porta ao universo da saga.
Navegando por Anián mergúllanos na década dos sesenta, cruzando París, Praga ou os Estados Unidos para relatar a efervescencia dun tempo de loitas e utopías.
Landaseiva, ambientada en 1969, leva a historia cara a un territorio mítico e rebelde: unha goleta cargada de idealistas que buscan unha nova forma de liberdade nun mundo que cambia vertixinosamente.
O acto está aberto ao público e forma parte da programación cultural do Pazo de Tor. A entrada é gratuíta ata completar aforo.