HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónCristina Alcalá, pregoeira da Feira do Viño de Vilachá 2025

Cristina Alcalá, pregoeira da Feira do Viño de Vilachá 2025

Cunha traxectoria de 25 anos ligada á cultura do viño nos ámbitos da comunicación, a docencia e a xestión cultural, Alcalá destaca, entre outras moitas cousas, por colaborar como docente no Basque Culinary Center, no Instituto IFE-Cámara de Comercio de Madrid e no Máster de Viticultura e Enoloxía da Universidad Politécnica de Madrid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a pregoeira da que será a XXXII edición da Feira do Viño de Vilachá os días 2, 3 e 4 de maio. Trátase de Cristina Alcalá, unha profesional cunha traxectoria profesional de máis de 25 anos ligada ao mundo da cultura do viño, nomeadamente nos ámbitos da comunicación, a docencia e a xestión cultural.

Actualmente Alcalá é membro de xurados de cata profesional a nivel nacional e internacional, formando parte tamén do Grupo de Investigación en Experiencia Turística da Universidade da Coruña, e colaborando como docente en institucións de prestixio nacional e internacional como as seguintes: o Basque Culinary Center, o Instituto IFE-Cámara de Comercio de Madrid e o Máster de Viticultura e Enoloxía da Universidad Politécnica de Madrid.

Na súa traxectoria cómpre salientar o seu papel como consultora de plans estratéxicos, formación, xestión cultural e desenvolvemento de proxectos para empresas privadas e institucións ou o desempeño –anos atrás– do cargo de Secretaria-Xerente do Consello Regulador da D.O. Ribeiro.

Tamén participa como relatora, tanto en foros do sector como en universidades e outros sectores sociais, foi colaboradora en medios de comunicación como Radio 1-RNE –con sección propia– e o xornal El País; e directora das revistas Vinum-Mi Vino e Guía del Vino Cotidiano.

Dende o Concello da Pobra do Brollón afirman que “todo o coñecemento e a paixón da pregoeira vaino transmitir no pregón o domingo da Feira ás 13:00 horas”.

Ambiente Feira do Viño de Vilachá. Foto: Peruchela
PRESENTE NUNHA CATA

A pregoeira, Cristina Alcalá, guiará xunto co sumiller Juanjo Figueroa –pregoeiro nunha edición anterior– unha cata moi especial de viños de barrica, que terá lugar o sábado 3 de maio ás 13:00 h.

Baixo o título “Oralidade, pel e madeira. Percorrido polos viños de barrica de Vilachá”, estes dous profesionais guiarán esta atractiva cata á que cómpre apuntarse previamente no whatsapp 650624828. O prezo por anotarse é de 15 €, haberá 7 viños e o acto rematará cunha sorpresa musical.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...