HomesociedadeObradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

Como afectan á saúde emocional dos/as adolescentes os contidos de internet e como acompañalos no proceso? Será a pregunta sobre a que se debatirá nesta actividade, guiada pola educadora social, Paula Santos. A proposta está destinada ás familias e á poboación xeral interesada na temática.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada desde as 19:30h un obradoiro que leva por título “Adolescencia e contido online: efectos na saúde emocional”.

Durante 75 minutos e coa utilización de dinámicas participativas integraranse coñecementos clave sobre a importancia de establecer límites, tanto no ámbito persoal como no uso das tecnoloxías, promover a reflexión crítica sobre o uso responsable das TRIC e a importancia do acompañamento emocional.

Con todo este obradoiro pretende fomentar a capacidade de acompañamento emocional e a súa relevancia na creación de entornos seguros e de apoio dentro do núcleo familiar, insistindo en conceptos como convivencia e benestar.      

A través de simulacións de situacións reais relacionadas co uso das tecnoloxías, reflexionarase sobre o impacto emocional que ten o mundo dixital na súas familias. A dinámica colocará á poboación adulta na pel das novas xeracións para comprender mellor as súas vivencias dixitais.

“Non me gusta traballar coas famlias desde o medo, iso fai que non nos adentremos neste mundo e que as/as nenas/os e os/as adolescentes sean orfos/as dixitais. Hai moitas novas con moita alarma que demonizan as redes sociais e todo o dixital e así seguimos aumentando a brecha dixital entre as xeracións. Nos centros educativos vexo que os nenos demandan que se lles acompañe desde a reconciliación e non se lles fale desde o xuízo, que os adultos coñezamos o que hai e esteamos presentes”, explica Paula Santos.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...