HomeCulturaExposición, curso de pintura rápida e estrea documental no Centro Comercial Ponte...

Exposición, curso de pintura rápida e estrea documental no Centro Comercial Ponte Vella

A mostra, baixo o título “Que é a inspiración?”, recolle unha selección de obras destacadas do artista plástico Leandro Sánchez Bobillo. Ademais, o vindeiro 27 de maio estrearase nos seus cinemas o documental "La vida en una gota". Este tipo de iniciativas forman parte dun programa de fomento da cultura local que impulsan dende o devandito espazo comercial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O artista plástico Leandro Sánchez Bobillo, pintor mallorquino afincado en Ourense desde hai máis de vinte anos, inaugurou días atrás a mostra “Que é a inspiración?” que consta de tres zonas expositivas. Nela exponse o cotián (froitas, paisaxes, verduras, botellas…) que foi obxecto de tratamento polo pintor elevándoo á categoría de elementos artísticos, co desexo de chegar a todos os públicos desde a sinxeleza e o bo facer dun artista con longa traxectoria profesional.

Algunhas das obras que forman parte da mostra. Foto: CC Ponte Vella.

Grazas á súa colaboración, o centro comercial Ponte Vella prepara un Concurso de Pintura Rápida, unha modalidade de actividade cultural certame de pintura ao aire libre no que os participantes elaboran un cadro no mesmo día. Ata a data, máis de medio centenar de alumnos participaron nos cursos de pintura gratuítos organizados neste espazo comercial e impartidos por Leandro Sánchez. Esta oferta cultural do centro comercial dirixiuse dirixida a persoas maiores de 14 anos interesadas en perfeccionar os seus coñecementos básicos de pintura e profundar en novos estilos como o hiperrealismo.

Unha imaxe da exposición. Foto: CC Ponte Vella.
O AUTOR

Leandro Sánchez Bobillo (Palma de Mallorca, 1946) é un pintor mallorquino afincado en Ourense desde hai dúas décadas que acabou apostando polo hiperrealismo desde a súa profesión de restaurador durante 43 anos. Durante esta etapa chegou a ser responsable das restauracións levadas a cabo no Museo de Santa Teresa de Ávila (Casa Natal, 1998). A finais dos 90, deixou atrás a restauración para dedicarse en exclusiva á pintura, evolucionando desde o realismo para configurar o seu propio estilo de pintura abstracta con toques de realismo nunha procura da complementariedade entre ambos os estilos.

O historial artístico de Leandro Sánchez conta con máis de medio centenar de exposicións individuais e colectivas, así como premios en múltiples certames de pintura. A súa obra está presente en numerosas coleccións privadas, en museos e galerías de arte por todo o mundo. Ademais, este pintor é un personaxe activo no mundo da cultura pois, entre outras accións, foi membro fundador de ARGA (Asociación de Artistas Plásticos Galegos) e do grupo FONERS (Mallorca) ademais de participar como promotor e xurado en numerosos certames de pintura.

DOCUMENTAL ‘LA VIDA EN UNA GOTA’

O vindeiro 27 de maio ás 18:00 horas (apertura de portas ás 17:15 horas) estrearase en Ourense o documental “LA VIDA EN UNA GOTA” na sala 6 de Galicine do Centro Comercial Ponte Vella, unha produción dirixida a visibilizar ao colectivo de pacientes afectados por enfermidades raras (EERR). Ao remate haberá un coloquio entre os asistentes sobre as desigualdades do cribado neonatal en España.

A exhibición desta obra audiovisual estará precedida por varios actos no mesmo centro comercial e que se iniciarán ás 10.30 horas. Así, a responsable de Relacións Institucionais, Luisa Martín, realizará unha visita ás instalacións do complexo comercial. Ás 11.30 celebrarase unha rolda de prensa na que comparecerán directivos do Centro e o presidente de ANASBABI, José Carlos Pumar.

A asistencia á estrea é totalmente gratuita (localidades limitadas) previa invitación ou inscrición en: https://forms.gle/QLgBH5jZSq2dUA639

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...

Presentado o cartel do ‘Xanela Fest’ que promove a operadora chantadina Xanela

Este venres 10 de outubro presentouse en Guntín o cartel do Xanela Fest, evento...

O PP anuncia no Parlamento que a Xunta investirá 30M€ no Hospital de Monforte, mentres o BNG reclama solucións ás listas de espera

A iniciativa nacionalista demandaba garantir a cobertura completa de prazas nos servizos con maiores...