HomePolíticaA canceira de Monforte, aprobada e sen ubicación

A canceira de Monforte, aprobada e sen ubicación

A construcción dunha canceira en Monforte dá resposta a unha vella demanda na vila

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo vai destinar 200.000 euros para dotar dunha canceira á zona sur da provincia para dar servizo a 22 concellos e que se construirá en Monforte como informamos no XdL.

Esta noticia fixo saltar todas as alarmas, tanto de animalistas como do principal grupo da oposición do Concello de Monforte, o PP, e é que dende a Asociación Animalista LIBERA! e a Fundación Franz Weber (FFW) rexeitan a  súa construcción posto que consideran á canceira como un almacén de cans e gatos sen medidas de sensibilización que faga fincapé na prevención e non como un centro de acollida. Desde a súa organización, o investimento que a Deputación de Lugo vai facer na edificación, pode empregarse na creación de centros mancomunados entre un menor número de concellos, con maior marxe de funcionamento e xestión. Xestión que poden realizar as ONG que xa traballan na provincia e asumindo as competencias que corresponderían aos consistorios. Para estas dúas organizacións é máis ético un sistema de apoio entre entidades protectoras, así como aos diferentes refuxios da provincia lucense, que non dispoñen de axuda oficial por parte do mandatario provincial.

Pola súa parte, o PP de Monforte informou de que no vindeiro Pleno do día 28 van levar a pregunta de onde se ubicará a canceira posto que nun recente pleno da Corporación local no que se debatía a necesidade deste servizo na comarca, o Alcalde xa fixera referencia a que xa tiña previsto o terreo no que se ía instalar pero nin o Concello nin a Diputación de Lugo informan de onde será.

ÚLTIMAS

Monforte presume de 5 Q de Calidade Turística

Os espazos que obteñen a certificación superaron con éxito os criterios de calidade establecidos...

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro...

Dinámica: o local de celebracións ‘autoservizo’ de Monforte

Dinámica nace da man de Mara González Lagoa e coa idea de ofrecer un...

A aldea do Cotillón, un exemplo da tendencia por decorar as aldeas do rural no Nadal

As decoracións de Nadal a nivel particular e a nivel público semella que van...