HomeMedio ambiente e PatrimonioQuedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais de particulares

Quedan prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais de particulares

Será dende este 27 de maio e ata novo aviso.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A prohibición de queimas para particulares dos restos agrícolas e forestais implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos non terán validez a partir deste 27 de maio. Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos.

Esta medida tomouse despois de avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tense tamén en conta que a normativa de aplicación (Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais) que prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

CHAMAMENTO DA XUNTA

A Consellería do Medio Rural pide unha vez máis a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delictuosa incendiaria da que teña coñecemento.

A maiores, lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...