HomePolíticaMellora de camiños rurais en Quiroga grazas ao parque móbil da Deputación

Mellora de camiños rurais en Quiroga grazas ao parque móbil da Deputación

O PSdeG-PSOE de Quiroga pon en valor o remate das obras de mellora en varios camiños do termo municipal, executadas polo parque móbil da Deputación de Lugo. Subliñan que estas actuacións foron posibles grazas ás xestións realizadas polo grupo municipal, que leva meses traballando para dar resposta ás necesidades da veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos incluiron o asfaltado e acondicionamento do firme en puntos como Bustelo de Fisteus, A Ponte, Vilañán, A Barca, Toucedo, San Pedro (entrada da estrada) e Riomaior, así como a limpeza de cunetas en Bustelo, Fisteus e Montefurado. Desde o PSdeG de Quiroga destacan que estas intervencións “melloran a seguridade viaria e permiten que moitas vivendas do rural conten cun acceso digno, algo fundamental para fixar poboación e facilitar a vida nas parroquias”.

O Tenente de Alcalde de Quiroga, Vicente Parra Vizcaíno, e o Delegado de emprego e deportes, Antonio Marcos Prieto, mantiveron diversas conversas co Presidente da Deputación, José Tomé Roca, ao que lle trasladaron as prioridades do municipio co obxectivo de mellorar as dotacións públicas e os accesos nas parroquias. “Foi un compromiso político claro: trasladamos as necesidades da veciñanza, e hoxe estas melloras son unha realidade. Agradecemos o compromiso do Presidente da Deputación con Quiroga e co rural”, sinalan os socialistas.

Así mesmo, lembran que estas actuacións inclúen tamén a subida completa á Aldea Modelo de Bustelo, unha das zonas que está a experimentar un proceso de recuperación e dinamización. “Estas obras contribúen á aposta firme que estamos facendo pola recuperación do rural. O reto demográfico afróntase con feitos coma estes: garantindo servizos e infraestruturas alí onde se precisa”, conclúen os socialistas.

Camiño rural Quiroga / PSOE provincial

ÚLTIMAS

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...

Sober abre este 24 de outubro o ciclo Música no Outono con Hava Dúo

O dúo de trombón e acordeón ofrece unha viaxe sonora por distintas épocas e...