HomesociedadeO Goberno Municipal de Láncara quere unha estación de auga potable

O Goberno Municipal de Láncara quere unha estación de auga potable

Segundo o equipo de goberno, esta prestación beneficiaría a máis de 1.800 veciños das parroquias de Toirán, Trasliste, Vilaleo, Vilarello, Neira de Cabaleiros, San Xoán de Muro e Bande, que na actualidade non contan con este servizo municipal.

Publicado o

- Advertisement -

A iniciativa do equipo de goberno levarase ao pleno deste mes de xaneiro. Trátase de dotar ao municipio dunha nova estación de bombeo de auga potable que de servizo a máis do 70% da poboación. A instalación quérese ubicar na parroquia de Toirán e tería un orzamento dun millón douscentos mil euros.

O alcalde, Darío Piñeiro, asegura que nas vindeiras semanas se presentará o proxecto a Augas de Galicia, pedindo colaboración. Engade, “Agardamos que a resposta da Xunta sexa positiva e poidamos comezar a traballar neste proxecto tan demandado polos veciños e veciñas de Láncara. Investindo no rural é como se demostra que de verdade esta é a lexislatura do rural, como afirma o señor Feijóo”.

Este proxecto hidráulico para Láncara engádese aos traballos que está realizando o Concello en diferentes parroquias para mellorar a traída de auga. 59.000 euros de fondos propios para actuar en Piñeiroa e en Vilaesteva.

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...