HomesociedadeVolven á Ribeira Sacra os Trens Turísticos de Galicia

Volven á Ribeira Sacra os Trens Turísticos de Galicia

Renfe renova este sábado a tempada de Trens Turísticos de Galicia, unha iniciativa na que colabora coa Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta experiencia ofrece a oportunidade de explorar o patrimonio natural, cultural e gastronómico da comunidade autónoma galega da man do ferrocarril. A gran novidade desta campaña é a recuperación das tres rutas que transcorren pola Ribeira Sacra (Sil, Miño e Valdeorras), opcións moi demandadas polos clientes e que levaban dúas tempadas fóra de servizo, debido aos traballos de mellora realizados na infraestrutura.

As encargadas de dar continuidade a esta tempada este sábado son, precisamente, a Ruta Ribeira Sacra do Sil e o Roteiro dos Faros, ambas xa con aforo completo. A ruta Ribeira Sacra do Sil ofrece unha visita teatralizada da estación dos Peares para coñecer todo sobre a contorna. Ademais, realízase unha visita guiada á adega Regina Viarum onde os viaxeiros descubrirán os segredos do seu viño e mesmo poderán degustalo. Tras unha parada en Monforte de Lemos onde se dispón de tempo libre para comer, a xornada segue a bordo dun catamarán desde o embarcadoiro de San Estevo para percorrer o fantástico ‘mar interior’ que forman as augas embalsadas do río Sil. A aventura continúa coa visita ao Mosteiro de San Pedro de Rocas, onde un monxe moi especial enmeigará aos asistentes cunha esotérica ‘queimada’.

Durante os meses de xuño, xullo, agosto, setembro e outubro, os Trens Turísticos de Galicia ofrecen un total de 12 itinerarios repartidos en 31 saídas. Con temáticas totalmente variadas, esta iniciativa permite aos viaxeiros vivir unha experiencia única, gozar das viaxes en tren e descubrir a riqueza paisaxística, natural e histórica que caracteriza ao territorio galego.

Toda a información detallada e as datas de cada roteiro está dispoñible en renfe.com. A compañía recomenda prestar atención á apertura progresiva da venda de billetes a través da páxina web, nos despachos de billetes das estacións e en axencias de viaxe concertadas con Renfe para poder adquirilos con antelación.

Trens tuírsticos Ribeira Sacra / Renfe

ÚLTIMAS

“No tempo da Galega sácanme moito”, Antonio Cortiñas, fotógrafo

Antonio Cortiñas é orixinario de Leizán, no Incio, e a vida profesional levouno dende...

A Noite Meiga de Sarria avanza na declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia

Na xuntanza estiveron presentes, ademais dos representantes da asociación promotora, o delegado territorial da...

A Xunta entrega en Monforte 3 vivendas de promoción pública en réxime de alugamento

Estas vivendas forman parte dun paquete de seis vivendas que o Instituto Galego da...

A incidencia ferroviaria na zona de Montefurado, solucionada

A circulación ferroviaria entre Montefurado e San Clodio, no tramo Monforte de Lemos-Ponferrada, restableceuse...