HomeComarca de SarriaSarriaPreséntase o 'VibraXoán', oferta de concertos para as Festas de San Xoán...

Preséntase o ‘VibraXoán’, oferta de concertos para as Festas de San Xoán Sarria

O 'VibraXoán' é a programación musical que abre o programa das festas de San Xoán de Sarria con varios concertos o sábado 21 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A  Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis co programa de Festas do San Xoán de Sarria, e faino co “VibraXoán”, unha programación musical con varios concertos o sábado 21 de xuño.

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, a concelleira de Festas, Eugenia Valcárcel, e o concelleiro de Acción Cultural, César No, presentaron o cartaz o pasado 10 de xuño. Nel destaca a actuación de Sidonie, banda referente,da escena musical estatal, e que incorpora o talento local con Sound Sisters e a charanga local Louband ademais da Disco Móbil La Duendeneta.

Efrén Castro valorou “a variedade musical que o programa engade ao San Xoán, dando maior proxección a unhas festas con moita tradición que son un referente máis aló de Sarria e da comarca” e destacou que “este ano reforzamos a colaboración co Concello para a organización deste programa musical cunha achega de 25.000 euros, que se suma ao apoio que desde a área de Cultura se ofrece ao tecido asociativo de Sarria na organización de actividades culturais e lúdicas ao longo de todo o ano”.

Os concertos, con entrada gratuita, celebranse no campo de rugby de Sarria, desde as 21.00 horas.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...