HomesociedadeSan Xoán de Río leva o mellor do seu rural ao C.C....

San Xoán de Río leva o mellor do seu rural ao C.C. Ponte Vella de Ourense

A iniciativa, baixo o nome “Día de San Xoán de Río”, ten como obxectivo tender pontes entre o mundo urbano e o rural amosando ao público da área comercial o mellor da súa gastronomía, dando a coñecer o proxecto 'Mulleres de Río, e poñendo en valor a lonxevidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de San Xoán de Río visibilizará o seu territorio, iniciativas e potenciais este sábado 28 de xuño nunha xornada especial que terá como escenario o Centro Comercial Ponte Vella de Ourense e que busca tender pontes entre o mundo rural e o urbano. Será entre as 11:00 e as 13:00 h. e a iniciativa leva por título: “Día de San Xoán de Río”.

O evento terá lugar no segundo andar do centro comercial, nun espazo estratéxico onde conflúen diariamente milleiros de persoas da cidade e da contorna rural.

TRES EIXOS PARA AMOSAR SAN XOÁN DE RÍO

Eixo social: presentación do proxecto europeo “Mulleres de Río”, cunha actuación coreográfica que visibiliza a diversidade e o papel da muller no rural.

Eixo gastronómico: degustación gratuíta de produtos locais (tenreira, viño, embutidos, bica, mel ou cosmética natural) aproveitando a promoción da III Festa da Tenreira de San Xoán de Río.

Eixe da lonxevidade: exposición da filosofía de vida do concello, recoñecido pola súa poboación especialmente lonxeva, e mostra de produtos vencellados á saúde e ao benestar natural.

A xornada está aberta a toda a cidadanía e contará con presenza institucional, actuacións, mostra de produtos, puntos informativos e degustacións.

FORMATO DE COLABORACIÓN NOVIDOSO

“Este evento supón un formato pioneiro de colaboración institucional, aproveitando a singularidade do Centro Comercial Ponte Vella, un dos poucos de España propiedade dos propios comerciantes locais”, comenta o rexedor do concello protagonista.

A celebración do evento nun centro comercial urbano pretende: Achegar o rural a novos públicos e contextos; visibilizar o talento, os produtos e os servizos que existen a menos dunha hora da cidade; e xerar oportunidades comerciais, sociais e culturais que favorezan tanto a comerciantes como a produtores, profesionais ou emprendedores rurais.

En palabras do alcalde, Xose Miguel Pérez Blecua, “San Xoán de Río quere abrir unha ventá ao rural galego, pero tamén establecer conexións duradeiras. Este evento é un primeiro paso para demostrar que hai futuro compartido entre cidade e territorio, se nos atopamos no medio”.

ÚLTIMAS

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...

Pantón presenta o seu Verán Cultural e abre as Piscinas Municipais

O Trail Heroica Sacra está organizado polo club Galaico Trail Run e a peña...

51.000€ para renovar a cuberta da Casa da Cultura de Bóveda

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, e o conselleiro de Cultura, Lingua e...