HomeCulturaOs museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

A participación do Concello de Quiroga no programa servizo de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia, permitirá ampliar os horario de apertura dos museos xeolóxico e etnográfico durante os meses de xullo e agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario de 10:00h a 14:00h, e os sábados, domingos e festivos, o Museo Xeolóxico abrirá de 11:00h a 12:00h. e o Museo Etnográfico, de 12:00h a 13:00h.

Ademais os museos contan calquera día e a calquera hora, con visitas concertadas guiadas para grupos de 10 ou máis persoas, en visitas concertadas previa cita no teléfono 982435125 ou no enderezo electrónico cultura.quiroga.quiroga@eidolocal.es.

Durante o mes de xullo tamén volven as Xornadas de Portas Abertas aos
museos. Serán todos os mércores no seguinte horario:
-Museo xeolóxico: 11-12 h.
-Museo etnográfico: 12-13 h.
A entrada será de balde e non é preciso anotarse. Formarase un grupo na estrada de cada
museo.

Museo etnográfico de Quiroga. Foto: Concello de Quiroga

Dentro do programa de dinamización turística do Concello de Quiroga: “Descubrir
Quiroga”
, que conta coa financiación da Deputación Provincial de Lugo contarase con dúas interesantes propostas:

  • O domingo 27 de xullo de 10-14 h: Raíces e ritmos das montañas. Con visita aos museos xeolóxico e etnográfico de Quiroga, obradoiro de instrumentos de música de raíz con Xavier Blanco da Fundación Legar e mostra de torneado de madeira de oliveira cos artesáns do obradoiro Armaior da Toca (Quiroga). Anotarse e información en: turismo.quiroga@eidolocal.es ou no teléfono 982435125.
  • O xoves 7 de agosto de 10-14 h: A arte é moi doce. Actividade para cativos. Ruta dos murais e visita ao museo etnográfico de Quiroga centrada no mel. En colaboración con A
    Varrosa Mel. Actividade para @s participantes nos Campamentos de Verán do programa
    Concilia Quiroga.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...