HomePolíticaO PSdeG de Pantón denuncia que o futuro centro de saúde só...

O PSdeG de Pantón denuncia que o futuro centro de saúde só contará con dúas consultas médicas

O PSdeG-PSOE de Pantón denuncia que o futuro centro de saúde de Ferreira contará unicamente con dúas consultas médicas, "a pesar das reiteradas promesas da Xunta de Galicia e do alcalde, que levan anos asegurando que se cubrirían as tres prazas actualmente asignadas ao municipio".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o ano 2021, o grupo socialista de Pantón vén reclamando melloras na atención sanitaria e esixindo que se reforce o persoal médico en Pantón. E desde hai máis dun ano advirten de que os planos do futuro centro de saúde recollen só dúas prazas de medicina familiar e comunitaria, “alertamos en numerosas ocasións de que a realidade do proxecto non se correspondía coas promesas do Partido Popular. É indignante que se fixese campaña cunha mentira que agora queda ao descuberto”, engaden.

Os socialistas aseguran que a confirmación oficial chegou o pasado 30 de xuño, coa publicación na web do SERGAS do plan funcional do futuro centro de saúde, que contempla dúas consultas médicas, dúas de enfermaría, unha sala polivalente, unha de técnicas e unha de mostras. “En ningún punto se menciona a terceira consulta prometida reiteradamente pola Xunta e polo alcalde, malia que Pantón conta con 2.099 tarxetas sanitarias asignadas”, apuntan.

“O tempo danos a razón: o Partido Popular vendeu fume en campaña electoral e agora queda claro que a súa promesa non se vai cumprir. A Xunta recoñece por escrito que o novo centro terá só dúas prazas médicas, polo que pedimos explicacións inmediatas”, afirma o grupo municipal socialista.

O PSdeG de Pantón esixe á Xunta de Galicia que rectifique e modifique o proxecto para garantir a terceira consulta médica comprometida, e solicita ao alcalde que dea conta pública deste novo engano. “A sanidade non pode ser unha moeda de cambio nin unha promesa que se leva o vento. A veciñanza de Pantón merece unha atención sanitaria digna, axeitada á súa poboación e necesidades”, conclúen.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...