HomeDeportesA Gala do Deporte recoñece aos mellores deportistas monfortinos do ano

A Gala do Deporte recoñece aos mellores deportistas monfortinos do ano

Na tarde noite deste luns celebrouse unha nova edición da Gala do Deporte de Monforte de Lemos, que se celebrou na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte e na que se rendeu homenaxe ós mellores deportistas monfortinos do ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante a gala presentada pola xornalista, Manola Porto, o alcalde, José Tomé sinalou o bo momento do deporte na cidade do Cabe, “este bo momento que estamos vivindo no deporte monfortino, é posible porque temos unha boa canteira de nenos e nenas, que teñen unhas excelentes cualidades para a práctica deportiva. A eles únense outros deportistas, adolescentes e xa adultos, que nos últimos anos estannos acostumando a que o nome de Monforte se asocie con éxito deportivo, gracias a eles e a elas”.

O rexedor municipal tamén salientou a aposta decidida que dende o Concello se leva facendo dende que Tomé Roca accedeu á alcaldía en 2015, “neste ano as axudas ós clubs superan os 132.500€. Mantéñense tamén as axudas para deportistas individuais con 10.000€, e a subvención para a participación en campionatos de España, europeos ou mundiais, posta en marcha polo Alcalde en 2022, alcanza os 12.000€. En total, superamos os 152.000 € este ano 2025”

Tomé destacou tamén a mellora en infraestruturas como a reforma dos campos de fútbol de herba artificial, a reforma das pistas de tenis, a instalación de novos toldos parasol na grada do campo municipal de fútbol da Pinguela e o acondicionamento da contorna no complexo deportivo da Pinguela, cun investimento de 190.000€. “Pero sen dúbida a actuación máis destacada foi a reforma integral do pavillón polideportivo da Pinguela e a reforma integral da Piscina municipal climatizada cuxas obras remararán a finais deste mes para comezar a funcionar entre finais de setembro e comezos de outubro”.

Candidatos Gala do Deporte 2025 / ER

Premiados da 10ª Gala do Deporte de Monforte

En total, foron 30 o número total de candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2025..

Os gañadores e gañadoras da 10ª Gala do Deporte de Monforte foron os seguintes:

  • MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA: ANDREA GUDÍN PÉREZ
  • MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA: EXECUO GAEL DÍAZ DE LA FUENTE E GABRIEL PINTO ÁLVAREZ
  • MELLOR ÁRBITRO/A: ICÍA MARCOS GARCÍA
  • MELLOR EQUIPO DE BASE: CATEGORÍAS INFERIORES DO C.N. MONFORTE
  • MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA: LUCÍA ROCA RODRÍGUEZ
  • MELLOR EQUIPO ABSOLUTO: EQUIPO VETERANAS C.B. VAL DE LEMOS
  • MELLOR ADESTRADOR/A: JOSÉ MARÍA VEGA
  • MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO: IKER FERNÁNDEZ CODESIDO
  • DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO: MANUEL BESTEIRO RODRÍGUEZ
  • MELLOR CLUB: CLUB TAEKWONDO NEKA

Por outra banda, fora de concurso fíxose recoñecemento a Elena Sánchez Iglesias. Na entrega de premios, ademais do Alcalde, tamén estiveron presentes e participaron diversos membros do Equipo de Goberno, e da Corporación municipal. Este acto ten como obxectivo premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, Clubes, adestradores/as, técnicos/as e árbitros/as do Concello monfortino.

ÚLTIMAS

En marcha a humanización da Praza Luis García Arias en Chantada

Co mes de setembro deron comezo as anunciadas obras de mellora da Praza Luis...

Falece o octoxenario ferido por quedar atrapado baixo unha rozadora

O home octoxenario ferido o pasado luns tras quedar atrapado baixo unha rozadora en...

Monforte saca a licitación a reforma do edificio municipal de Duquesa de Alba

O inmoble, situado nunha parcela de 620 m2, é propiedade do Concello de Monforte...

A Xunta e o concello do Páramo impulsan proxectos de interese municipal

A colaboración máis recente foi a pavimentación de accesos a San Mamede da Ribeira...