HomeCulturaSarria estrea este 12 de xullo o Porta do Son Fest

Sarria estrea este 12 de xullo o Porta do Son Fest

O Porta do Son Fest é unha nova proposta cultural centrada na música urbana que celebrará a súa primeira edición este sábado en Sarria. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación do cartel xunto ao grupo de mozos que organiza o evento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Festival, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, celebrarase no campo de rugby, a partir das 17,00 horas, e reunirá a DJs e artistas recoñecidos do panorama nacional, contando tamén con talentos emerxentes locais. Sumarán máis de oito horas de música urbana española, electrónica, indie, pop e rock, con 12 actuacións a cargo de Skinyz, Dann Valero, Adrián Gold, Carlej, Jorge Álvarez, Sote, Víctor Rivas e Rivero. Actuarán tamén os sarriaos Pablo Parga e Javi White, así como Adri Torres e Samu Capi, premiados no concurso de DJ promovido polo festival.

Javier Arias puxo en valor a importancia desta nova iniciativa “para consolidar Sarria como un referente cultural e musical na comunidade, cunha proposta diferente que de seguro terá un impacto positivo no tecido económico e social da comarca”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...