HomePolíticaO PP reclama a PSOE e BNG a apertura do Centro de...

O PP reclama a PSOE e BNG a apertura do Centro de Día de Ribas de Sil

O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, mantivo unha xuntanza de traballo coa voceira do PP en Ribas de Sil, Sandra Macía, e concelleiros para analizar a situación tanto da residencia como do centro de día provincial. O Centro de Día conta con 11 prazas que “PSOE e BNG non queren poñer en servizo impedindo así a conciliación doutras tantas familias", asegura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares aseguran que PSOE e BNG “seguen a negar a atención prometida aos veciños da provincia ao non querer poñer en servizo as 153 prazas de atención a maiores nos oito centros de día provinciais (Trabada, Castroverde, A Fonsagrada, Pol, Ribas de Sil, Navia de Suarna, Meira e Pedrafita do Cebreiro) que están pechados desde 2019”.

Antonio Ameijide afirma que dende o goberno provincial deberían ter posto en funcionamento os centros de día ao mesmo tempo que as residencias. Segundo o voceiro popular, a posta en marcha dos centros de día provinciais non terían un custo excesivo para as arcas provinciais xa que moitos dos servizos serían compartidos coas residencias polo que habería gastos fixos.

Pola súa banda, a voceira do PP en Ribas de Sil, Sandra Macía, reclama a posta en marcha deste servizo “xa que é fundamental no municipio” ademais de recordar que “tanto PSOE como BNG dende a Deputación deberían de preocuparse por garantir que o subministro eléctrico no edificio se mantén estable todo o día”. Macía fai referencia aos numerosos cortes de luz no servizo polo que insta a José Tomé a estudar a instalación dun sistema eléctrico de emerxencia para garantir o subministro cando se producen apagóns.

692.428,36€ para o Centro de Maiores de Ribas de Sil

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou esta semana a licitación dos contratos para a prestación dos servizos básicos nos 9 Centros de Atención a Maiores que a institución provincial ten en funcionamento por un importe conxunto de case 7M€. Ao Centro de Maiores de Ribas de Sil destinan 692.428,36€.

A institución provincial ten nestes momentos 9 residencias abertas (Castroverde, A Fonsagrada, Meira, Navia de Suarna, Pol, Ribadeo, Ribas de Sil e Trabada) e “avanzamos a bo ritmo na construción dos centros de Becerreá, Guitiriz, A Pobra do Brollón e A Pontenova. E á vez, seguimos traballando nos proxectos dos centros que se abrirán en Portomarín, Ourol, Cervantes, Folgoso do Courel e Pantón”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...