Homesociedade141.000 euros para inclusión social en 5 concellos do sur de Lugo

141.000 euros para inclusión social en 5 concellos do sur de Lugo

Os concellos beneficiados son Quiroga (29.444 euros), A Pobra do Brollón (18.385 euros), Chantada (29.416 euros), Monforte de Lemos (25.332 euros) e Pantón (38.922 euros).

Publicado o

- Advertisement -

No total da provincia benefícianse 10 concellos aos que a Consellería de Política Social destina 571.400 para o desenvolvemento de programas de inclusión social. O obxectivo final é financiar medidas que teñen por obxecto impulsar a igualdade de oportunidades e a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos. Con estas axudas aos concellos preténdese que estes fagan investimentos en centros de inclusión e emerxencia social e impusen a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión.

Segundo o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, os servizos sociais municipais son a miúdo os que brindan o primeiro nivel de atención ás persoas usuarias e as dirixen cara ao resto dos recursos dispoñibles; de aí que as Administracións deban colaborar para “propoñer oportunidades de integración social e laboral, especialmente ás persoas que presentan risco de exclusión”.

Entre as accións subvencionadas por esta liña de apoios da Consellería, figuran os servizos de apoio á inclusión, servizos de mediación para a poboación xitana e inmigrante, programa de erradicación do chabolismo, asesoramento en materia de estranxeiría e formación para o coñecemento dos valores da sociedade de acollida e linguas para a poboación inmigrante.

ÚLTIMAS

Sober fórmase na elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL),...

Veciñanza Fronte o Odio promove un encontro este xoves, 15 de outubro, no centro cívico de Monforte

O colectivo Veciñanza Fronte o Odio organiza este xoves, 15 de outubro, unha palestra...

Do 14 ao 30 de outubro está aberta a convocatoria de axudas para o transporte do alumnado de Monforte que estuda fóra

Poderá optar a estas axudas: Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación...

Este venres, 16 de outubro, comeza unha nova tempada do “cineclube Ateneo” de Monforte

Este proxecto de cineclub, organizado polo equipo do Ateneo Casino, baixo a coodinación do...