HomesociedadeDesactivada a Situación 2 no incendio da Pobra do Brollón

Desactivada a Situación 2 no incendio da Pobra do Brollón

A Consellería do Medio Rural vén de desactivar a Situación 2 no incendio forestal da Pobra do Brollón-Abrence que leva afectado a 900 hectáreas, principalmente no concello onde orixinou, pero tamén en Quiroga e Ribas de Sil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este incendio estaba activo desde as 13.06 horas do luns, despois de iniciarse na parroquia de Abrence. Neste lume acábase de desactivar a Situación 2, medida adoptada de forma preventiva pola súa proximidade aos núcleos de Golmar, nesta mesma localidade; e nos de Conceado e San Pedro, xa no municipio veciño de Quiroga.

Para a súa extinción mobilizáronse de xeito acumulado 13 técnicos, 56 axentes, 61 brigadas, 51 motobombas, 5 pas, 9 helicópteros e 13 avións. Neste lume mobilizáronse tamñen efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) e outros efectivos nacionais e provinciais.

Neste momento, Medio Rural tamén dá por establizados os lumes rexistrados na Fonsagrada-San Pedro de Río (40 hectáreas). Actualmente continúan activos tres incendios de máis de 20 hectáreas en Galicia. Trátase dos das Pobra do Brollón-Abrence na provincia de Lugo, e dos de Avión-Nieva e de Carballeda de Valdeorras-Casaio, na de Ourense.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...