HomesociedadeConcertos e paella xigante para celebrar o décimo aniversario do 'Awa'

Concertos e paella xigante para celebrar o décimo aniversario do ‘Awa’

O coñecido local de tardeo e lecer nocturno monfortino organizou unha concurrida festa o pasado domingo 31 de agosto no aparcamento de Gonzalo Seguros.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Roberto Eireos, xerente do ‘Awa’, anunciaba hai uns días nas redes sociais que este local de lecer monfortino cumpría dez anos. Un aniversario digno de ser festexado e ao que convidaba a clientes, amigos/as e veciños/as para celebralo por todo o alto con dous concertos e unha paella xigante o domingo 31 de agosto.

O lugar escollido para a festa foi o aparcamento de Gonzalo Seguros, espazo no que se colocou un inchable para os máis pequenos e un escenario polo que pasaron os grupos 7Rojo e Gin Toni’s. Pero non quedou aí a cousa… para darlle máis atractivo ao evento cociñouse unha paella xigante da cal se repartiron racións de balde a todas e todos os asistentes.

Elaboración da Paella Xigante que se degustou no X Aniversario do Awa de Monforte. Fotos: XMF

A festa comezou sobre as 18:00 h. e foise animando coa música en directo do grupo monfortino 7Rojo e a chegada de xente ao tempo que se ía cociñando a paella que quedou lista a iso das 21:00 h. A continuación, procedeuse ao reparto de abondantes racións entre os e as asistentes mentres enriba do escenario estaba xa a banda Gin Toni’s. Rematando o reparto da gostosa paella púxose a chover pero a xente foi aguantando, aínda que a persistencia da auga fixo parar o concerto un tempo prudencial. Pasado o pequeno ballón volveron os Gin Toni’s ao escenario e a festa continuou ata iso das 23:30 h. Entre os e as asistentes que non lle tiveron medo á aparición da choiva encontrábanse o alcalde, José Tomé, e a tenente de alcalde, Gloria Prada.

Actuación 7Rojo. Foto: XMF.

Rematando o concerto, o anfitrión do aniversario, Roberto Eireos, subiu ao escenario para dirixir unhas palabras aos asistentes. Tivo unha lembranza emotiva para Uxía e Manu, dous rapaces que traballaron no Awa e que por desgraza faleceron en sendos accidente; e no apartado de agradecementos deulle as grazas ao Concello de Monforte polo permiso para celebrar esta festa de 10º aniversario e a Gonzalo Seguros, como propietario do aparcamento, pola cesión do mesmo. Finalmente, deu as grazas tamén a todo o mundo que asistiu e a toda a xente que colaborou para facer posible esta celebración.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...