HomeTerra de LemosO SaviñaoMartín Alemparte será o pregoeiro da IV Festa da Vendima no Saviñao

Martín Alemparte será o pregoeiro da IV Festa da Vendima no Saviñao

O evento, que se celebrará na centenaria Devesa de Escairón os días 6 e 7 de setembro, acolle a diferentes adegas e contempla actuacións musicais e actividades para todos os públicos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta fin de semana a capitalidade do Concello do Saviñao, Escairón, acolle a súa IV edición da Festa da Vendima cun espectacular programa de lecer e entretemento activo para acompañar a presenza das adegas da D.O. Ribeira Sacra presentes no evento vitivinícola.

O pregoeiro escollido para esta ocasión é Martín Alemparte, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e veciño da Ribeira Sacra con moita vinculación dende hai anos ao territorio e coñecedor da súa realidade socioeconómica.

Como nos anos anteriores, a organización busca darlle a este evento un sentido diferente ao do resto de Feiras do Viño, achegando ao público historia e tradicións arredor do viño e dun dos momentos máis importantes para os produtores e as adegas: a vendima. Deste xeito, esta fin de semana poderanse ver na Devesa pezas etnográficas únicas que “explican o pasado e presente a viticultura nas beiras do Miño e no conxunto da Ribeira Sacra”, grazas ao Ecomuseo de Arxeriz que trasladará alí algúns dos seus fondos.

Na liña anterior tamén se poderá gozar de diferentes obradoiros; dende uns de cata de uvas e de viño, pasando por outros relacionados coa cociña –da man da IXP Tenreira Galega– e outros relacionados con diferentes disciplinas de artesanía que fan posible Artesanía de Galicia.

No que respecta ás adegas participantes, estarán nesta Festa da Vendima: Adegas Moure, Pilares de Belesar, SAT Virxe dos Remedios, Galanteiro, Adega Goz e Adegas Lingua Loaira. Ademais destas, haberá postos de artesanía e de alimentación.

Carlos Armesto, alcalde do Saviñao pisando uvas. Foto arquivo Concello do Saviñao.
PROGRAMA

SÁBADO 6 DE SETEMBRO

  • 11:00 horas. Apertura.
  • 12:00 horas. Inauguración da “IV Festa da Vendima do Saviñao 2025”.
  • 12:30 horas. Obradoiro de cata de uvas e de viño.
  • 13:00 horas. Actuación do grupo Searas.
  • 14:00 horas. Taller de cociña en vivo a cargo da IXP Tenreira Galega.
  • 15:00 horas. Actuación do grupo Searas.
  • 17:00 horas. Xogos tradicionais galegos.
  • 17:30 horas. Actuación da Charanga KM 0.
  • 18:30 horas. Actuacións musicais de Broken Peach e Budiño.
  • 01:00 horas. Peche de stands.

DOMINGO 7 DE SETEMBRO

  • 11:00 horas. Apertura de stands.
  • 11:30 horas. Actuación do grupo de gaitas ‘Os Tarabelos do Saviñao’.
  • 12:15 horas. Actuación de Marcos Valcárcel.
  • 12:30 horas. Bendición das uvas e dos campos, e ‘Pisa Oficial’.
  • 13:00 horas. Nomeamento de ‘Damas e Cabaleiros da Orde da Mencía’.
  • 17:00 horas. Xogos tradicionais galegos e actuación da Charanga Louband.
  • 18:00 horas. Actuacións do Grupo América de Vigo e Gin Toni’s.
  • 00:00 horas. Peche de stands.
Concerto dos Gin Toni’s. Foto cedida.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...