HomesociedadeO 'Esmorga Fest' de Sarria pecha o cartel

O ‘Esmorga Fest’ de Sarria pecha o cartel

Celebrarase os días 17 e 18 de outubro na Sala Litmar e nas instalacións da entidade A Unión.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O Esmorga Fest vén de anunciar o seu cartel completo para a súa décima entrega, unha edición especial que se celebrará os días 17 e 18 de outubro na vila de Sarria.

Aos nomes xa confirmados: Anabel Lee, La Habitación Roja, Mujeres, Oh Hiroshima, Bum Motion Club, Joe Crepúsculo, Parquesvr, Las Dianas, Viva Belgrado e Ezezez; súmanse agora seis novas bandas e DJs que completan o cartel: Las Prisas, Battosai, Beach Avenue, Sara Zozaya, Cholas, Pálida, John Axiom e Javier LG.

“O festival manterá o seu espírito independente, a súa aposta pola escena alternativa e o ambiente que o converteu nunha das citas favoritas do público galego”, comentan dende a organización. Un ano máis, os concertos faranse na Sala Litmar e nas instalacións da entidade local A Unión.

A organización quere agradecer o apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e o Concello de Sarria, que fan posible esta edición tan especial.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...