HomesociedadeMáis de 70 persoas iniciaron actividade laboral co PIE do Concello de...

Máis de 70 persoas iniciaron actividade laboral co PIE do Concello de Chantada, que se clausura o 29 de setembro

O luns, 29 de setembro, ás 10:30h. no Auditorio Municipal de Chantada, clausúrase unha nova edición do Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada do que forman parte, ademais deste concello, os concellos de Carballedo, Taboada, Sober, O Saviñao, Pantón, Bóveda, Amoeiro, Paradela, Coles, San Cristovo de Cea, Vilamarín e A Peroxa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxectivo deste tipo de programas é mellorar a ocupabilidade e inserción laboral de 100 persoas en situación de desemprego; proporcionando información, orientación, asesoramento ou cursos de formación. Nesta tempada 24/25 impartíronse 14 cursos desde outubro do pasado ano. As formacións adecúanse ás demandas do sector empresarial e ao perfil e o obxectivo profesional das persoas participantes. Deste modo realízase un  emparellamento de ofertas de traballo entre as empresas e as persoas demandantes de emprego para cubrir as necesidades específicas do mercado laboral.

PIE Chantada 2024-25 / Concello de Chantada

Nesta semana rematou o Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada e faino con máis de 70 persoas que iniciaron a actividade laboral desde o comezo da formación. A previsión é que esta cifra siga aumentando nos próximos meses froito das accións levadas a cabo no transcurso do programa.

O Concello de Chantada ten solicitado un novo Programa Integrado de Emprego 25/26 e espérase que a Xunta teña a resolución en outubro. A partir dese momento poderase informar do comezo do novo programa. O requisito indispensable para participar del é estar en situación de desemporego e inscrita/o no servizo público de emprego como demandante.

PIE Chantada 2024-25 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...