HomeCulturaO 9 de outubro A Pobra do Brollón e Chantada soben ao...

O 9 de outubro A Pobra do Brollón e Chantada soben ao autobús do teatro

O Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que traslada autobuses aos diferentes concellos galegos para achegar á súa veciñanza as representacións teatrais que se desenvolven no Salón Teatro de Santiago de Compostela, regresa a Chantada e A Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Farao o 9 de outubro podendo acudir á representación da Serie Clopen, primeira produción propia do Centro Dramático Galego. A función propón unha viaxe polo mundo do circo onde non faltarán acrobacias imposibles, aéreos impactantes, comedia hilarante, danza, clown e unha historia cautivadora como fío conductor da man dunha rapaza, Alicia, que está nese momento vital de construción dunha identidade. Serie Clopen é un espectáculo multidisciplinar que reflexiona, en tono de humor, sobre os retos que ten que afrontar a xuventude nestes tempos de incerteza.

A función está dirixida por Pablo Reboleiro, con dramaturxia de Clara Gayo e Pablo Reboleiro. Interveñen: Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo.

O autobús do teatro sairá o día 9 ás 14:30h dende o Avenida de Galicia (diante do antigo cuartel da Garda Civil da Pobra do Brollón) e ás 15:10h da Praza de Galicia de Chantada. A representación comezará ás 18:00h no Salón Teatro de Santiago de Compotela. Despois da función, a hora de regreso serán as 20:15h. O prezo da entrada é de 5€. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse antes do 7 de outubro na Casa da Cultura de Chaantada ou chamando ao 982 44 17 52. No caso da Pobra do Brollón as inscricións faranse na Biblioteca municipal ‘Antonio Reboiro’, ben presencialmente ou por teléfono no 982 430 546.

ÚLTIMAS

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...

‘Muller e saúde mental’, xornada de sensibilización no Ateneo Casino de Monforte

O vindeiro venres, o proxecto Comunidade Viva: Redes de Apoio, convida a participar nunha...