HomeCulturaOutono e Nadal teatral en Ribas de Sil

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O concello vén de presentar unha ampla programación teatral que incluirá 8 obras de teatro afeccionado e profesional gratuítas dende o 9 de novembro ata o 27 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro –aficionado e profesional– para as tardes de outono e Nadal. Serán 8 obras que chegarán cada fin de semana ao salón de actos da Casa do Concello, en San Clodio, sempre ás 18:00 horas.

“O teatro é unha das actividades con máis éxito no noso concello e o público enche sempre a sala función tras función”, refire o concelleiro de Cultura Luis Fernández.

Esta programación tan ampla, nun concello que rolda os 900 habitantes, é posible grazas á colaboración do Concello de Ribas de Sil, da Deputación de Lugo (Vicepresidencia), das asociacións locais Centro de Animación Rural Remansiño do Sil e Asociación de Veciños Cultural e Deportiva Remeite de San Clodio.

O concelleiro quere subliñar tamén que “no gusto polo teatro non cabe dúbida que inflúe contar cun grupo local con moitos anos de traxectoria, actualmente dirixido por Isaac Lamela, que forma parte da programación deste ano”.

Salón de Actos da Casa do Concello de Ribas de Sil ateigado de público (arquivo). Foto: Concello.
NOVEMBRO E DECEMBRO CHEOS DE TEATRO: PROGRAMA

Domingo 9 de novembro: “Activ@s”, a cargo de Lume Escénico.

Sábado 15 de novembro: “Expectativa lonxana” por Nova Escena.

Sábado 22 de novembro: “A carreira de Manuel” a cargo ca Cia Cañola Teatro.

Sábado 29 de novembro: “Asasinato na tenda de roupa” a cargo do Grupo de Teatro do Hospital de Lugo.

Luns 8 de decembro: “Morreu a tía María e non casei on todos”. Unha peza do grupo de teatro local Augas do Sil.

Sábado 13 de decembro: “Un camiño meteórico” por Os Trocos.

Sábado 20 de decembro: “A herencia de Xoana” da Cia Abrente.

Sábado 27 de decembro: “Transparentes” da man de Compás Enésima.

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...