HomePolíticaO edificio de Sargadelos, na Praza de España, xa é do Concello...

O edificio de Sargadelos, na Praza de España, xa é do Concello de Monforte

A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado luns, 17 de novembro, deu luz verde definitiva á compra deste inmoble por un importe de 300.000 euros. Sen saber aínda o destino do edificio, o Alcalde adianta que "contribuirá a reforzar as dotacións culturais do Concello de Monforte".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca vén de informar da adquisición do edificio de Sargadelos, situado na Praza de España, número 2, a carón da Casa da Cultura Lois Pereiro. Despois de meses especulando co destino desta propiedade o pasado luns, 17 de novembro, deuse luz verde na Xunta de Goberno Local á compravenda do inmoble por un importe de 300.000 euros.

O edificio, xa propiedade do Concello de Monforte de Lemos, forma parte do ámbito do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte, declarado Ben de Interese Cultural, e pasará a formar parte do inventario municipal de bens.

CARACTERÍSTICAS DO EDIFICIO

Trátase dunha edificación (baixo +3) entre medianeiras e sen parcela traseira, con entrada dende a Praza de España. A súa construción data do ano 1974 e atópase en bo estado de conservación. Dispón de planta baixa e primeiro andar destinado a comercio no último uso do edificio que fora propiedade de Sargadelos, e segundo e terceiro andar nos que se situaban as oficinas.

A superficie do solo é de 106 m2 e conta con 402 m2 construídos distribuídos do seguinte xeito: 106 m2 no baixo, 100 m2 no primeiro andar, 98 m2 no segundo andar e 98 m2 no terceiro.

A normativa urbanística de aplicación a este inmoble é o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico-Artístico de Monforte, aprobado definitivamente en novembro de 2020, e de aplicación dende o 26 de abril de 2021.

USO DA INFRAESTRUTURA

O uso que se lle dea no futuro á edificación está por concretar aínda, mais o Alcalde avanza que “o destino está aínda está por definir con exactitude, pero case seguro que contribuirá a reforzar as dotacións culturais do Concello de Monforte”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...