Homesociedade'Muller e saúde mental', xornada de sensibilización no Ateneo Casino de Monforte

‘Muller e saúde mental’, xornada de sensibilización no Ateneo Casino de Monforte

A actividade, organizada dende o proxecto Comunidade Viva, será este venres 28 de novembro ás 12:00 h. e con entrada de balde.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O vindeiro venres, o proxecto Comunidade Viva: Redes de Apoio, convida a participar nunha conversa aberta ao público para abordar o ‘dobre estigma’ que sofren as mulleres cando teñen –ou non– un diagnóstico de saúde mental nas súas vidas.

Segundo explican dende a organización, neste encontro “atoparanse testemuñas en primeira persoa das mulleres protagonistas que compartirán as súas experiencias en relación a este tema”. Ao longo da sesión coñeceranse accións concretas e actividades levadas a cabo por mulleres para loitar contra esta dobre discriminación.

Para rematar haberá un debate e coloquio no que se convida a participar e “formar parte do movemento que busca construír unha sociedade máis inclusiva”.

PROXECTO COMUNIDADE VIVA: REDES DE APOIO

O proxecto, impulsado pola educadora social Paula Santos e a Escola de Tempo Libre Xaruma, xorde para dar resposta ás dificultades das zonas rurais, caracterizadas por retos relacionados coa inclusión social, o benestar emocional e o acceso a oportunidades de desenvolvemento persoal e profesional.

O seu plan de actuación ten como obxectivo complementar e reforzar o labor dos servizos sociais mediante unha estratexia de colaboración e traballo en rede que fomente a cooperación entre entidades sociais públicas e privadas. A intervención contempla a oferta dun programa gratuíto de atención socioeducativa para familias con escasos recursos.

A iniciativa conta con dúas liñas de actuación complementarias que abordan tanto a
dimensión do lecer como a de carácter social e terapéutico. A liña de lecer e tempo libre está centrada na formación de monitoras/es de tempo libre, e a liña social do proxecto abrangue o acompañamento e traballo socioeducativo para as familias, orientado a mellorar o benestar –xestión emocional, mellora de habilidades sociais, resolución de conflitos…– e a inclusión das persoas en situación de vulnerabilidade. Tamén se contempla no proxecto a organización de obradoiros comunitarios para familias, centros educativos e poboación en xeral.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...