HomeCulturaQuiroga abre a programación de Nadal con dúas citas teatrais

Quiroga abre a programación de Nadal con dúas citas teatrais

O Concello de Quiroga comeza este venres a súa programación de Nadal con dúas divertidas obras teatrais. Este 19 de decembro ás 18:00h representarase a obra "Berenguela na Gaiola" no Auditorio Municipal e o 21 de decembro tamén no Auditorio ás 18:00h, a obra "A Presa".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra “Berenguela na Gaiola” é unha divertida e emotiva proposta para público familiar. Trátase dunha coprodución de Galeatro e Xarope Tulú co Centro Dramático Galego e o Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT) con dramaturxia e dirección de Paula Carballeira. A peza  representada por Alba Bermúdez, Tone Martínez e Atenea García, foi gañadora do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais en 2025.

A montaxe comeza cando nunha residencia da terceira idade traen de volta á Berenguela, una anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris. Representando ‘Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela’, de Manuel María, as tres anciás atoparán a liberdade que cren perdida e a posibilidade de cambiar o mundo.

A obra que forma parte do programa Móvete 2025 do servizo de Cultura de Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo,  poderá verse gratuitamente este venres, 19 de decembro, ás seis da tarde, no Auditorio Municipal.

E o vindeiro domingo, o “Grupo Humorístico Trípode” achega a Quiroga a súa obra “A presa”, unha peza que, ademais de facer rir, convida á reflexión sobre a vida e as relacións.O Grupo Humorístico Trípode,  grupo de teatro afeccionado da comarca da Mariña presenta unha comedia que aborda unha historia baseada en feitos e en sentimentos reais: cando a modernidade destrúe a sinxeleza e a fermosura do natural, non é boa. A veciñanza de Fontefría loita contra o proxecto dun encoro descomunal que asolagará a súa aldea e a súa felicidade.

Esta obra, incluída dentro do programa de Nadal do Concello de Quiroga, conta co patrocinio da área de Cultura de Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, e poderase ver este domingo 21 de decembro no Auditorio Municipal ás seis da tarde.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...