HomesociedadeCursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

Cursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

As accións formativas presenciais serán de balde e para persoas que precisen de orientación na aprendizaxe e posta ao día das novas tecnoloxías. Ofertaranse 2 cursos que se desenvolverán na segunda quincena de xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá aproveitar a formación ‘E para Dixitalizarse, Lugo’ na que a través de 2 cursos formativos poderá mellorar as súas habilidades tecnolóxicas básicas. As accións de aprendizaxe das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) serán presenciais e gratuítas, terán lugar do 12 ao 29 de xaneiro e faranse en horario de mañá (de 10:00 a 13:00 horas) na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

OS 2 CURSOS DE FORMACIÓN

Un primeiro curso, baixo o título de ‘O teléfono móbil, primeiros pasos‘, será os días 12–16 e 19 e 20 de xaneiro. O obxectivo deste é que as persoas participantes se familiaricen co uso básico do teléfono móbil, aprendendo dun xeito sinxelo e práctico a manexar as súas funcións esenciais: como configurar o dispositivo, utilizar aplicacións de uso cotián como a mensaxería instantánea, as redes sociais ou os mapas, e aplicar medidas de seguridade básicas para un manexo responsable.

O segundo curso, co título de ‘Firma digital / Ch@ve 365 / Certificados varios. Aplicacións do Sergas, facenda. Actuar ante as administracións públicas, sede electrónica’ farase os días 21, 22, 23 e 26–29 de xaneiro. O obxectivo é que as persoas participantes aprendan, dun xeito sinxelo e práctico, a desenvolverse no contorno dixital das administracións públicas.

INSCRICIÓNS

Cada curso ten 12 prazas e para anotarse hai que encher un formulario na seguinte páxina web: https://yparadigitalizarselugo.com/gl/seleccionar-municipio/

En caso de dúbidas, os e as interesadas/os poden contactar coas oficinas de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón no teléfono 982430447.

ÚLTIMAS

Caurel Vivo volve a propoñer destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Caurel Vivo asegura que o concello se enfronta a importantes retos demográficos, sociais e...

O PP de Monforte prepárase para “lograr un cambio de Goberno” nas elección xerais

Os afiliados do PP de Monforte de Lemos mantiveron esta semana unha reunión de...

Patricia Varela Fernández, nova responsable local do BNG do Saviñao

A nova voceira nacionalista é veciña de Vilaesteva e profesora de Lingua Galega de...

Monforte convoca axudas para deportistas invidivuais federados

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo publicou este pasado martes, 20 de outubro,...