HomeCulturaCharla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

Será o vindeiro sábado 24 de xaneiro, ás 17.00 horas, no local social de Canaval, no Concello de Sober.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará a presenza e influencia da Orde do Temple na zona, froito dunha investigación rigorosa da relatora. Tras a charla, realizarase unha visita ao templo románico de San Pedro de Canaval.

A actividade está organizada polas asociacións O Colado do Vento e Segredos de Pantón, e pretende achegar ao público unha parte pouco coñecida da historia medieval da contorna.

ALMUDENA BOUZÓN CUSTODIO

Graduada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela en 2014, ao ano seguinte cursou o Máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, textos e contextos na mesma universidade. En marzo de 2022 defendeu a súa tese doutoral “A Orden do Temple no Reino de Galicia na Idade Media”, dirixida polos profesores Julio Vázquez Castro (USC) e Xosé M. Sánchez Sánchez (USC-UNED) e realizada dentro do Programa de Estudos Medievais da USC.

Tamén fixo prácticas laborais no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela e ampliou a súa formación en paleografía e diplomática.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel comunica á Xunta o interese na residencia de maiores e facilítalle os terreos

Desde o concello de Folgoso do Courel aseguran que poden dar este paso despois...

A muralla medieval de Monforte, entre o deterioro e o bloqueo pola propiedade: o BNG pide actuar e a Xunta remite aos titulares

O deputado do BNG Iago Suárez formulou este martes na Comisión de Cultura unha...

Este 30 de setembro regresan os Faladoiros de Quiroga con recordos da vida no rural

A protagonista será Loyda López Pérez, unha emigrante retornada, que con sete anos marchou...

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas....