HomesociedadeUnha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño...

Unha ruta gratuíta do Barco á Rúa convida a percorrer o Camiño de Inverno o 3 de outubro

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno organiza rutas gratuítas para percorrer tramos do Camiño. A primeira cita será este sábado, 3 de outubro, desde O Barco ata A Rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha ruta a pé de 12,65 quilómetros para a que se habilitan 60 prazas. O xoves, 1 de outubro, ás 12:00 horas, remata o prazo para inscribirse a través deste formulario. O envío da solicitude non confirma a praza. A organización chamará a cada solicitante para confirmar a dispoñibilidade e, de ser o caso, o horario de recollida.

A andaina comezará ás 10:00 horas no Barco. A xornada inclúe unha visita ás Covas de Vilamartín de Valdeorras, petiscos e degustación. Tamén están incluídos o transporte en autobús, o acompañamento dun técnico de montaña e de guías, e o seguro.

Para facilitar a participación, un autobús sairá de Lalín ás 08:00 horas e recollerá despois en Chantada e no Barco. Outro sairá á mesma hora de Pantón e pasará por Monforte antes de chegar ao inicio da ruta. A organización comunicará por teléfono a hora concreta das paradas posteriores. Os autobuses de regreso sairán ás 16:00 horas de Vilamartín de Valdeorras: un dirixirase ao Barco, Chantada e Lalín, e o outro a Monforte e Pantón. Quen se desprace polos seus propios medios deberá prever a volta, xa que só poderá utilizar o autobús se quedan prazas libres.

O programa de rutas continuará en outubro e novembro. A seguinte saída será o 17 de outubro cunha ruta entre Pantón e Belesar e unha visita ao Mosteiro do Divino Salvador de Ferreira de Pantón. A terceira xornada está prevista para o 7 de novembro, cunha andaina entre Bandeira e Ponte Ulla e unha visita ao Pazo de Oca.

ÚLTIMAS

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...