HomesociedadeSarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

Será o 31 de xaneiro e contará con Fernando Romay como pregoeiro. O cartel desta edición foi deseñado polo artista local Borja Doel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela de inverno, a “Festa do Cocido de Porco Celta”. Trátase dunha xornada gastronómica moi esperada pola veciñanza na que ademais de socializar ponse en valor e dáse a coñecer a saborosa carne de porco celta. Para a reserva de mesas, o concello lembra que será necesario chamar ao teléfono 982 535 000.

A presentación oficial, este venres 16 de xaneiro na vila de Sarria, contou coa presenza –entre outros– do Alcalde de Sarria e parte do Equipo de Goberno local; a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López; e da xefa provincial de Turismo, Paloma Vázquez. Ambas representantes autonómicas destacaron a importancia da convocatoria, que reúne cada ano a centos de persoas arredor deste produto autóctono.

Cocido de porco celta / XdL

A celebración chega á súa 18ª edición, terá lugar o 31 de xaneiro, e conta cunha nova imaxe gráfica promocional encargada ao deseñador local Borja Doel. Ademais, anunciouse que terá un pregoeiro de altura: Fernando Romay.

Cartel da 18 Edición da Festa do Cocido de Porco Celta. Autor: Borja Doel.
PROMOCIÓN DO PORCO CELTA

A Xunta de Galicia renova a súa colaboración económica coa festa e lembra que colabora tamén no fomento da raza a través dun convenio coa asociación de criadores Asoporcel, renovado o pasado mes de setembro cunha contía de 436.850 euros ata o ano 2027. O obxectivo da administración autonómica é continuar coas actividades de recuperación e conservación do porco celta, e nese senso lembra a existencia de axudas da Consellería do Medio Rural para a creación ou mantemento dos libros xenealóxicos e as actuacións derivadas dos programas de cría.

ÚLTIMAS

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...