HomesociedadeAberto o prazo para o VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación

Aberto o prazo para o VI Campus de Emprendemento Sostible da Deputación

Desenvolveranse dous Campus, o de Motivación e o de Maduración Empresarial, cada un con 15 prazas.

Publicado o

- Advertisement -

Os Campus, que se desenvolverán en marzo, son de balde para os participantes. Poden inscribirse a través da web www.deputacionlugo.gal ata cubrir as prazas ofertadas. As clases formativas impartiranse no Centro de Interpretación, situado no Paseo do Río Rato:

Campus de maduración empresarial: (15 prazas) Está dirixido a todas as persoas cunha idea de negocio. Será un curso intensivo de catro días, que combinará sesións teóricas con visitas a empresas o 14 de marzo e titorías individuais, unha vez rematadas as sesións. En canto á parte teórica, traballarase a maduración da idea empresarial de cada un dos participantes, analizando, por exemplo, a súa viabilidade comercial, técnica e legal a través da metodoloxía Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos prácticos ou a viabilidade económico-financeira a 5 anos.

Campus de motivación empresarial:(15 prazas) Especialmente dirixido ao profesorado de centros educativos localizados na Reserva da Biosfera Terras do Miño, que imparta materias relacionadas co mundo da empresa, tales como Economía, Empresa e iniciativa emprendedora ou Formación e Orientación Laboral.  En función das prazas libres, tamén poderá participar o persoal docente do resto da provincia, interesados en estimular o espírito emprendedor a partir das competencias chave da materia que imparta. As sesións intensivas terán lugar os días 20, 21 e 22 de marzo, en horario de tarde, de 16:30 horas a 20:00 horas.

As cinco anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron, polo de agora, un total de 26 novas empresas na provincia. Entre elas, na zona sur, atópase de momento, unha Explotación Extensiva de Gando Vacún no concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Salvemos o Malecón presenta centos de alegacións ao proxecto da ponte e prepara contencioso contra a resolución de Patrimonio

A pesar do escaso tempo, durante tres días os membros da plataforma organizaron a...

Seguen as protestas veciñais do 11 de cada mes reclamando médicos na Pobra do Brollón

Baixo o lema «A saúde non pode esperar! A Pobra do Brollón necesita médicos!», os...

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...