HomeTerra de LemosPantónConta atrás para o 'Entroido de Budián'

Conta atrás para o ‘Entroido de Budián’

Celebrarase o vindeiro domingo 15 de febreiro a partir das 10:30 h. con saída do paseo de Entroido dende o Campo de Budián, acompañamento de música tradicional e xantar popular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Cultural Entroido de Budián (Acedre-Pantón) impulsa un ano máis a celebración deste evento ancestral recuperado dende hai uns anos. Xunto a ela formará parte da organización a Asociación Veciñal San Brais de San Román de Acedre.

O vindeiro domingo 15 de febreiro ás 10:30 h dende o Campo de Budián farase o tradicional paseo do Entroido salientando as súas figuras dos Brancos e os Farranquís. Haberá música tradicional a cargo do grupo tradicional ‘A Cadela Asasina’, viño e petiscos; “percorreremos tódalas aldeas da parroquia dende O Cotillón ata Abelaira e pasando por Acedre e San Román”, comentan dende a organización.

Ao rematar o rito haberá xantar popular para todas aquelas persoas que queiran compartir mesa coa veciñanza. Ten un prezo de 10 euros e cómpre inscribirse enviando un correo entroidodebudian@gmail.com ou chamando ao teléfono 662 669 223).

Colaboran apoiando este evento o Concello de Pantón e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O Entroido de Budián estivo xa estivo o pasado día 1 de febreiro na Xuntanza do Entroido Ribeirao. Participou no desfile polas rúas de Chantada e despois estivo en Santiago d’ Arriba. Ademais, despois da súa celebración o 15 deste mes, formará parte no desfile de entroido que organiza o Concello de Pantón polas rúas do Castro de Ferreira o vindeiro día 21 pola tarde.

Persoaxe con pel de animais. Foto: Liliana Carro.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...