HomeComarca de ChantadaChantadaDesfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

Participaron un total de 11 comparsas que xuntaron a 600 persoas, algunhas delas chegadas doutros concellos como O Saviñao, Monforte de Lemos, Amoeiro, Maside, O Carballiño, Villamarín ou Rodeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile de Comparsas que comezaba puntual ás 18:00h para percorrer as rúas da vila. O evento reuniu un total de 11 comparsas que xuntaron a 600 persoas nunha xornada na que a climatoloxía aliouse coa celebración. Ata Chantada achegáronse a desfilar representacións entroideiras doutros concellos como O Saviñao, Monforte de Lemos, Amoeiro, Maside, O Carballiño, Villamarín ou Rodeiro, ademais das comparsas locais.

Un ano máis o defile estaba encabezado polo Entroido Ribeirao e partiu da Avda de Lugo para pasar pola Praza de Santa Ana onde as comparsas fixeron as súas escenificacións e seguir cara Catro Camiños, rematando na Praza de Galicia onde volveron actuar ante o xurado, composto por 5 membros da orquestra La Travesía que amenizaría tamén a verbena posterior.

Os membros do equipo de goberno encabezados polo alcalde, Manuel Lorenzo Varela, foron os encargados de entregar os premios.

PREMIOS DO DESFILE DE ENTROIDO DE CHANTADA 2026

COMPARSAS ADULTOS

1º Premio: 700,00 € Guardianes del fuego eterno, Os Arrieiriños de Dacón. Comparsa chegada de Maside.

Comparsa Os Arrieiriños de Dacón. Foto: Concello de Chantada.

2º Premio: 500,00 € De safari por Chantada, do Carballiño.

3º Premio: 300,00 € Liñares Factory Team. Parada de Amoeiro.

COMPARSAS INFANTÍS

1º Premio: 700,00 € Asterix no corazón de Gallaecia, de Chantada.

2º Premio: 500,00 € Circo Estrela, O Saviñao.

3º Premio: 300,00 € Los Minions, de Chantada.

COMPARSAS ADULTOS LOCAIS

1º Premio: 500,00 €  Yabba Dabba Doo

COMPARSAS INFANTÍS LOCAIS

1º Premio: 500,00 € Asterix no corazón de Gallaecia.

Comparsa ‘Asterix no corazón da Gallaecia’. Foto: Concello de Chantada.

2º Premio: 300,00 € Los Minions.

3º Premio: 200,00 € Ritmo na ribeira Carnaval Mernes.

ÚLTIMAS

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...