HomesociedadeO Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

A Confraría do Santo Enterro da Sardiña comezou ás 20.00 horas na Praza de España e percorreu entre bágoas e cánticos o treito peonil da rúa Cardenal, Avenida de Galicia ata o cruce da Rúa Ourense e Campo de San Antonio ata chegar á Praza do Concello

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido 2026 en Monforte. A procesión estivo encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, acompañado da Tenente Alcalde, Gloria Prada, os Concelleiros e Concelleiras de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada; Cultura, Marina Doutón; Depoortes, José Manuel Mougán; Consumo, Regina López, e Muller e Igualdade, Margarita López, ademais doutros membros da Corporación Municipal.

Na Praza do Concello, a comitiva do santo enterro da sardiña foi recibida polo equipo de goberno, e tivo lugar a lectura de coplas e rogativas. Unha vez rematado o acto, a procesión continuou ata a Ponte Medieval, lugar desde o que foi lanzada a sardiña ao río. Con este rito, o Concello de Monforte de Lemos pon o punto e final á programación do Entroido 2026, un dos máis exitosos e participativos dos últimos anos.

O alcalde, José Tomé Roca amosou a súa satisfacción polo gran éxito do Desfile de Comparsas e Disfraces celebrado o Martes de Entroido, con representación das catro provincias galegas e as rúas ateigadas de público: “O xurado tívoo moi difícil na concesión dos 21.000 euros en premios que repartiu o Concello, porque todos os participantes inscritos, que foron arredor de 1.300, amosaron moi bos traballos e, sobre todo, moi boa actitude. E eso é un orgullo, porque o Entroido é unha celebración para desfrutar na rúa, para rir e para compartir a alegría con todos os veciños”.

Así mesmo, o rexedor agradeceu a implicación y a participación de todos os monfortinos e monfortinas que se inscribiron para concursar tanto no Martes de Entroido, como no Xoves de Comadres e Compadres, e tamén a aqueles que se disfrazaron pola súa conta, “que foron moitos, e que contribuíron tamén ao éxito do Entroido en Monforte”.

Enterro da Sardiña 2026 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...

O BNG de Monforte anuncia que non participará nos actos institucionais do 8M organizados polo Concello

O Grupo Municipal do BNG de Monforte vén de anunciar que os seus concelleiros...