HomesociedadeO presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos...

O presidente da Xunta reúnese co alcalde de Sober para valorar proxectos para o municipio

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo este luns unha reunión de traballo co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, para abordar distintos proxectos de interese para o municipio e avaliar vías de colaboración entre ambas administracións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ambos os mandatarios subliñan a importancia da colaboración do Goberno galego cos concellos, especialmente cos máis pequenos, achegando financiamento para obras e dotacións que lles permitan prestar servizos públicos de calidade e que contribúan ao benestar dos veciños e veciñas.

O rexedor aproveitou a ocasión para convidar ao xefe do Executivo galego a asistir á XLVI Feira do Viño de Amandi, que se celebra na localidade o vindeiro mes de marzo, unha cita que servirá para seguir impulsando a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial.

O rexedor entroulle como agasallo ao presidente unha peza de Gundivós

Reunión Rueda e Guitián / Concello de Sober

ÚLTIMAS

O PSOE de Triacastela acusa ao goberno municipal de bloquear o labor de fiscalización da oposición

O Grupo Municipal Socialista de Triacastela acusa ao goberno municipal do PP de bloquear...

O ‘Bóveda Slam Poetry’ muda de nome e de localización

A entidade cultural Kulturnavila, promotora do "Bóveda Slam Poetry", comunica un cambio de localidade...

Tomé celebra que Monforte leva 12 anos consecutivos sen subir taxas e impostos municipais

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este venres, que por duodécimo ano...

Máis de 200 deportistas no III Ciclocros Concello de Taboada que se celebra este 25 de outubro

A proba, organizada polo CC Chantadino coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo,...