HomePolíticaComo reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade,...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

O PP considérao inaceptable mentres José Tomé “mantén a alcaldía e o salario público", o BNG recoñece o paso dado pola concelleira e Esperta Monforte valórao positivamente porque así o tiñan solicitado ao pleno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a dimisión do rexedor, José Tomé, “Lamentamos profundamente que teña que ser a concelleira de Igualdade quen dimita, e non quen, a día de hoxe, non está facendo absolutamente nada para disipar a dúbida sobre a comisión de supostas condutas machistas”.

Consideran preocupante que sexa a concelleira a que deixe o concello e “aínda máis preocupante que sexa o fillo de Tomé quen entre na corporación porque está a agravarse a percepción pública de clientelismo e enchufismo, especialmente nun momento no que o Concello de Monforte está tan cuestionado pola xestión que José Tomé e o PSOE están a realizar deste caso”.

“A imaxe do Concello de Monforte xa está en entredito e isto non axuda á credibilidade nin do Concello nin das institucións, nin reforza a confianza da cidadanía en que as políticas de igualdade son tratadas con seriedade”, sentenciou Varela.

BNG

O BNG recoñece publicamente o “paso a un lado” dado pola concelleira, “Sabemos que non era unha decisión doada. A situación era persoal e politicamente difícil, con moita presión e exposición pública” e lembran as iniciativas en materia de igualdadeq que impulsou como concelleira.

“Dar un paso así require responsabilidade e valentía. E iso merece ser valorado” e conclúen, “O BNG mantivo sempre unha posición clara por coherencia e por compromiso co feminismo. Esa posición non cambia. Seguimos considerando que a situación institucional non está resolta mentres o alcalde continúe no cargo. Pero hai decisións individuais que amosan dignidade e responsabilidade política. E esta foi unha delas”

Esperta Monforte

 
Esperta Monforte lembra que solicitaran a dimisión da concelleira ao considerar que a situación xerada facía insostible a súa continuidade no cargo. “Hoxe reafirmámonos, mantemos unha posición clara, pública e coherente, cando entendemos que deben asumirse reponsabilidades políticas dicímolo, independientemente das persoas implicadas”.

Valoran positivamente que a concelleira dera o paso “ao pechar unha etapa e permitir que a área de igualdade recupere a estabilidade e a credibilidade institucional necesarias”. Insisten en que seguirán exercendo unha oposición responsable e coherente defendendo o interese xeral e a dignidade do feminismo e do bo funcionamento das institucións.

ÚLTIMAS

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...

Ata o 12 de marzo as asociacións de comerciantes poden solicitar as axudas da Xunta para dinamizar o sector

A Xunta convocou as axudas anuais ás asociacións de comerciantes para dinamizar o comercio...

O CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel pide axuda á veciñanza para recuperar palabras en desuso

O CPI Poeta Uxío Novoneyra vén de poñer en marcha unha iniciativa, "Palabra no...

Un morto e un ferido nun choque frontal en Taboada

Unha persoa faleceu este mércores e outra resultou ferida nunha colisión frontal entre dous...